O grupo de tradución ao galego dos aplicativos de Mozilla ven de publicar na súa web (http://galician.mozdev.org/) as ligazóns das vindeiras versións (aínda en probas) do Thunderbird e Firefox.
Co cambio da coordinación (hai xa máis de 6 meses), agora a cargo de Enrique Estévez Fernández, os de Mozilla estanlle a pór as cousas difíciles, máis a tradución de ámbolos produtos a día de hoxe, está ao 100% grazas ao mantemento realizado polo coordinador desde que asumiu a coordinación, este é quen está a soportar practicamente todo o traballo de mantemento das traducións, xestión, contacto cos de Mozilla…
Actualmente pode ollarse que as traducións están libres de erros, isto pode verse na propia páxina de Mozilla http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl.
Con toda esta gran labor esperamos que os de Mozilla respondan e poidamos dispor das vindeiras versións do Firefox e máis do Thunderbird en galego nos paquetes oficiais.