ROX é, dito dun xeito breve, un escritorio amigábel para o usuario que fai un uso estensivo de «arrastrar e soltar». A interface xira aredor do xestor de ficheiros, ou arquivador, tendo en conta a visión tradicional de Unix de que «todo é un fichero» no canto de tentar agochar o sistema de ficheiros por embaixo dos menús de inicio, os asistentes ou os druidas. O obxectivo é facer un sistema que estea ben deseñado e presentado con claridade. O estilo ROX inclínase pola utilización de varios pequenos programas en conxunto no canto de crear todo nun mega-aplicativo.
Páxina web do proxecto
A tradución está coordenada por Miguel Anxo Bouzada e o equipo de GALPon MiniNo estando dispoñíbeis as últimas actualizacións aquí.
Tamén están dispoñíbeis os AppInfo.xml e un feixe de aplicativos auxiliares aquí.
Versións traducidas:
- 2.9 estándar
- 2.9 modificada para MiniNo
- 2.10 estándar
Accesorios dispoñíbeis en galego
- ROX-Lib2
- FreeFS
- Trash
- Trashcan
- Appearance
- AppFactory
- Archive
- MimeEditor
- Mouse
- Thumbs
- VideoThumbnail