Chamamos Proxecto Trasno a dúas cousas, a comunidade que colabora, discute, realiza o seu labor na lista de correo proxecto@trasno.gal que é o ámbito fundamental e, por outra parte á asociación legal. Comparten obxectivos pero non están compostas nin se rexen da mesma maneira.
Proxecto Trasno
- é un proxecto de colaboración por medio da Internet para traducir (localizar) aplicativos informáticos ao galego
- é un proxecto que se dedica só ao software libre
- é un proxecto formado por voluntarios que contribúen o seu tempo e esforzo a esta actividade
- é un punto de encontro para todos aqueles que queremos que haxa tecnoloxía informática en galego
O Proxecto Trasno nace no ano 2000 a partir de dous proxectos que no 1999 comezan a localizar software libre e documentación ao galego. Durante estes anos os voluntarios do proxecto traballaron nos principais aplicativos de software libre: dende as distribucións Linux, aos ambientes de escritorio a cantidade de ferramentas de ofimática ou multimedia. Así mesmo, o traballo de elaboración de terminoloxía do eido das novas tecnoloxías é unha das principais ocupacións do grupo.
A Asociación Cultural Proxecto Trasno
Oficialmente, a “Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno” é unha organización sen ánimo de lucro de ámbito autonómico galego que representa legal e financeiramente ao Proxecto trasno dende 2009.
- Promover as iniciativas de localización
- Localizar software libre ao galego
- Dar recursos e ferramentas aos voluntarios que localizan software ao galego, entre eles proporcionar a infraestrutura, o mantemento do dominio e a promoción da participación.
- Contribuír á lingua galega mediante a inserción desta no ámbito das novas tecnoloxías
- Representar á comunidade do Proxecto Trasno
Tes información máis detallada en:
Donde puedo descargar hunspell-gl-13-10.oxt.zip para unas openoffice instaladas en windows, ya que el link que teneis en la pagina no funciona.
Ola,
Podes descargalo da lista de extensións oficial
http://extensions.libreoffice.org/extension-center/corrector-ortografico-para-galego/releases/13.10
Aínda que indica que é para LibreOffice, é o mesmo para OpenOffice
Se sabes instalalo manualmente recoméndoche instalar a versión de probas, moito máis avanzada.
http://sourceforge.net/projects/hunspell-gl/files/instantaneas/20141115/hunspell-gl-comunidade-20141115.tar.xz/download
Ola, a miña empresa quere incorporar a un desenvolverdor web e gusataríame que divulguedes a oferta de traballo. Normalmente facedes isto con outras empresas? Se podedes facelo agradecería que me facilitarades un email para enviarvos a citada oferta. Gracias e saúdos.
Mándanos a oferta ao Twitter ou ao Facebook, onde tedes conta de empresa e difundímola.