LibreOffice

http://gl.libreoffice.org/assets/Uploads/_resampled/resizedimage273205-icones-libreoffice3.pngLibreOffice é a  suite libre máis potente para produtividade persoal de código aberto para Windows, Macintosh e Linux, que  lle dá 6 aplicativos ricos en funcionalidades para todas as súa s necesidades de produción de documentos e procesamento de datos: Writer, Calc, Impress, Draw, Base e Math. A asistencia  e documentación é de balde grazas á nosa gran comunidade, usuarios dedicados, colaboradores e desenvolvedores. Vostede tamén  pode participar! 

 

Manual oficial de Writer

Como celebración do Día Internacional da Liberdade dos Documentos do ano 2013, aproveitamos para ofrecer libremente estas 469 páxinas cheas de información sobre como sacarlle partido a fondo ao mellor procesador de textos de software libre, Writer. Este manual é froito de centos de horas de traballo voluntario fornecido pola comunidade e outros colaboradores.

Dereitos de autor

Este documento está protexido por dereitos de autor a nome dos seus colaboradores. Pódese distribuír ou modificar conforme os termos da licenza GNU (http://www.gnu.org/licenses/gpl.html), versión 3 ou posterior, ou tamén da Creative Commons Attribution License (http://creativecommons.org/licenses…), versión 3.0 ou posterior.

Atribución da adaptación ao galego tanto de textos como de imaxes e gráficos

  • Manuel María Veiga Lombardía
  • Xavier Valverde Alonso
  • Antía Veres Gesto
  • Emma García Bértoa
  • Leandro Regueiro Iglesias
  • Miguel Anxo Bouzada Fernández
  • Xosé Antón Gómez Méixome
  • Miguel Blanco Vázquez
logoGETLT

E, malia que a atribución de autoría debe ser individual non podemos deixar de facer un recoñecemento especial aos membros do grupo GELTL da Uvigo por involucrase a fondo coa comunidade LibreOffice galega na coordinación dos tradutores (Marta Veiga) e na propia xestión da colaboración (Óscar Díaz Fouces) que resultou exemplar e nos gustaría ver reiterada no futuro.

Preme na seguinte ligazón para descarga: Manual de Writer