Política de datos de usuario

A AC Proxecto Trasno, en aplicación da normativa vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, informa que os datos persoais que se recollen a través dos formularios aloxados no dominio trasno.net e trasno.gal se inclúen nos ficheiros automatizados específicos de usuarios dos servizos da AC Proxecto Trasno.

A AC Proxecto Trasno adopta as medidas necesarias para garantir a seguridade, integridade e confidencialidade dos datos conforme o disposto na Lei orgánica 15/1999 do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal (LOPD).

No caso de realizar comentarios, os usuarios deben ser conscientes de que o seu nome e enderezo electrónico pasan a almacenarse nun ficheiro automatizado do que é titular a AC Proxecto Trasno, accesíbel esta vía o propio sistema de comentarios como a través das numerosas plataformas sociais ligadas dende este espazo web.

O usuario poderá en calquera momento exercitar os dereitos de acceso, oposición, rectificación e cancelación recoñecidos na LOPD. O exercicio destes dereitos pode realizalo o propio usuario a través do correo electrónico en info@trasno.net ou na dirección  da súa sede que consta nos estatutos da Asociación.

Accetto i Cookie

Nego i Cookie