RegistrationMagic en galego

Presentamos a tradución ao galego da recente versión 3.8.3.3 así como a memoria de tradución deste gran complemento para WordPress que permite a elaboración de complexos formularios de forma totalmente visual, a xestión de usuarios, relacións, pagamentos, en todos os aspectos, cunha excelente integración visual e funcional tanto co núcleo do CMS como con terceiros (MailPoet, MailChimp, Facebook, Twitter, LinkeIn, para todo tipo de propósitos.

A tradución acada as 9630 palabras e 1445 cadeas. Actualmente é a única tradución completa a un idioma distinto do inglés.

RegistrationMagic-Custom Registration Forms é software de código aberto.

Máis info sobre este complemento en WordPress.org

Memoria de tradución (engadida ao noso repositorio en formato TMX)

Descargar a tradución encapsulada nun .zip que contén .PO directamente usable.

 

 

Tradución de Loco Translate, un entorno web básico para traducir WordPress

Publicamos a tradución ao galego de Loco Translate (Versión 2.1.4 ), un complemento para o CMS WordPress que permite realizar e xestionar a tradución de complementos e temas de modo moi sinxelo.

Loco Translate

Para instalala, recomendamos primeiro instalar o complemento como calquera outro, configuralo para gardar as traducións que fagamos no cartafol personalizado, común de todo o que se faga con Loco Translate (e non dentro dos cartafoles de cada complemento para evitar que se sobrescriban ao actualizar).

Logo, e mentres o complemento non traia xa a tradución galega incorporada, teremos que facer unha instalación «manual»:

– Lanzar a interface interna de Loco Translate

– Seleccionar o complemento (plugin) Loco Translate para traducir. Como non ten ficheiro de galego, hai que crealo (escollendo a localización personalizada).

– Descargar e descomprimir o ficheiro da tradución galega e subilo por FTP ao noso sitio. Ali buscaremos o cartafol onde Loco Translate creou o ficheiro co nome “loco-translate-gl_ES.po” que vai estar baleiro, eliminámolo e substituímolo polo que estamos cargando, co mesmo nome.

loco-translate-gl_ES

E xa está! Moi sinxelo

Non vos esquezades de compartir ou daernos noticia das traducións que fagades de temas e complementos do WordPress.

Publicamos a tradución e os recursos lingüísticos de Gravity Forms en galego

En celebración dos 15 anos da saída do CMS máis popular entre os creadores de contido en galego, WordPress, publicamos en galego Gravity Forms 2.3.2, sistema de formularios para WordPress

Licenza GPL v.3

Naturalmente, quen vexa unha corrección ou mellora que facer, benvida é.

12.133 palabras (2525 cadeas)

Descargar e descomprimir. A tradución instálase no mesmo cartafol de WordPress en que estean as demais versións idiomáticas que WordPress. O ficheiro con extensión TMX serve para aqueles que poidan estar traducindo ou adaptando outro software do mesmo tipo para acelerar a cohesión da terminoloxía necesaria en galego.

1 4 5 6 7 8 41