Google outra vez ao bloqueo!

Desde o equipo de tradución ao galego de LibreOffice queremos facer saber: Sabedes que unha das funcionalidades máis interesantes da rama 4 é a do control remoto de Impress mediante un dispositivo con Android. Ben pois o aplicativo para Android ofrécese desde aquí https://play.google.com/store/apps/… A descrición do aplicativo e as instrucións de uso pódense usar en varias linguas españolas como o castelán e o catalán pero non en galego nin en éuscara porque a Google Play non ofrece esta opción (…)

LibreOffice 4.0

Despois de varios meses de intenso desenvolvemento, acaba de chegar a nova serie 4 de versións da suite ofimática LibreOffice.

A suite conta cunha completa localización en galego realizada polo Galician Native Lang Team polo que os usuarios galegos terán á súa disposición unha das ferramentas máis transversais e importantes producidas polo sector do software libre, na nosa lingua e de balde.

Son moitas as novidades que trae esta versión (que se poden consultar aquí https://wiki.documentfoundation.org/ReleaseNotes/4.0/gl) pero só é o principio xa que tras os profundos cambios no código, nas vindeiras versións haberá un ritmo aínda máis acelerado de mellores e novas funcionalidades.

Recoméndase que só os usuarios que se consideren avanzados substitúan as súas versións da serie 3.6 por esta versión 4.0 xa que ao haber tantas diferenzas de fondo e ser a primeira versión desta serie non se considera “madura” para traballar en entoros críticos.

Cómpre lembrar que aínda non hai 2 semanas saíu a última versión da serie 3.6, a 3.6.5 que é unha excelente versión, moi madura e moi estable para o traballo intensivo. Pódese obter aquí
http://gl.libreoffice.org/descarga/?type=win-x86&lang=gl&version=3.6.5

O equipo galego está sempre aberto á colaboración de quen queira participar en calquera das áreas de traballo abertas: desenvolvemento, dinamización, tradución, materiais e recursos didácticos, organización de actividades, etc.

Os usuarios podedes realizar consultas ben nas listas de correo do proxecto galego de LibreOffice (users@libreoffice.org) ou comentando calquera incidencia tanto no blog de coordinación (http://blog.openoffice.gl) como no web de Proxecto Trasno.

A Document Foundation anuncia LibreOffice 4.0

Berlín, 07 de febreiro de 2013 – A Document Foundation anuncia a LibreOffice 4.0, a suite de oficina libre que a comunidade estivo a soñar desde 2001. LibreOffice 4.0 é a primeira edición que reflicte os obxectivos estabelecidos pola comunidade no momento do seu anuncio, en setembro de 2010: unha base de código máis limpa e lixeira, un conxunto de funcionalidades melloradas, mellor interoperabilidade e un ecosistema máis diverso e inclusivo. Nota do equipo galego Versión recomendada só para (…)


[LibO] LibreOffice

1 20 21 22 23 24 41