A extensión Anaphraseus xa en galego

Anaphraseus é unha ferramenta de tradución TAC (Computer Aided Translation, CAT en inglés), que se integra coa suite ofimática coma unha macro, de xeito semellante ao famoso Wordfast. Utiliza o formato de memoria de tradución deste (*.TXT), e admite a segmentación do texto. Hai máis de un ano xa realizamos (Leandro Regueiro e eu mesmo, membros de Proxecto Trasno) a súa tradución polo seu interese para traducir documentos breves de modo consistente ao longo do tempo (notas de prensa, anuncios, (…)


Novas e anuncios

The Document Foundation anuncia LibreOffice 4.1.2

Berlin, 4 de outubro de 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.1.2, para Windows, Mac OS X e Linux. Esta é a segunda edición menor da familia 4.1, que concreta un largo número de melloras na interoperabilidade con formatos de ficheiro privativos ou herdados. A nova edición é outro paso adiante no proceso de mellora a superior calidade e estabilidade de LibreOffice 4.1. Para a adopción por parte das empresas, a Fundación Documento suxire LibreOffice 4.0.5 (coa 4.0.6 a punto de (…)


[LibO] LibreOffice

«A batalla polo Noroeste» 100% en galego

Acaba de publicarse a versión 1.10.7 de A batalla polo Noroeste, un xogo de estratexia por roldas ambientado nun mundo de fantasía medieval, e un dos buques insignia dos videoxogos libres desde hai moitos anos.

Esta nova versión mellora a estabilidade do xogo, pero para a nosa comunidade a novidade máis importante desta nova versión é que está completamente traducida ao galego. Todos os textos que se poden traducir están en galego, incluídos os textos das imaxes como os mapas ou o logotipo do xogo.

O Proxecto Trasno leva dende o ano 2007 traballando na tradución deste xogo, e este é un fito importante para nós no campo dos videoxogos. Agora toca seguir traballando para asegurarmos de que esta tradución non baixe dese 100% que tanto nos custou conseguir a medida que o xogo vaia evolucionando.

O xogo pódese descargar desde a páxina oficial. Que mellor forma de colaborar co Proxecto Trasno que xogar unhas horas e informarnos de calquera erro na tradución?

Nota: Por un pequeno problema técnico o mapa principal do xogo non aparecerá traducido na versión 1.10.7, a pesar de que a imaxe que encabeza esta nova mostra dito mapa traducido. Aínda que xa se solucionou o problema, a imaxe non verá a luz ata a seguinte versión estable do xogo.

Nova actualización da lista de memorias de tradución en formato TMX

Logotipo do Proxecto Trasno O Proxecto Trasno acaba de rematar unha gran actualización da lista de memorias de tradución en formato estándar TMX (Translation Memory eXchange) e que se poñen a libre disposición de todas aquelas persoas interesadas.

Nesta actualización incluíronse memorias de novos proxectos así como actualizacións das memorias de algúns proxectos xa estaban anteriormente na lista. Estas memorias de tradución inclúen traducións de software libre realizadas directamente polo Proxecto Trasno ou por outros colectivos ou persoas alleas ao Proxecto Trasno. No momento de publicar esta nova o número de palabras totais supera ás 8.500.000 palabras cun aumento superior ao millón de palabras, e o número de cadeas aproxímase as 1.500.000 cadeas cun aumento de máis de 150.000 cadeas. A compilación abrangue xa máis de 250 ficheiros TMX o que supón un incremento de máis de 100 ficheiros, o que moi probabelmente converte a esta compilación de traducións de software libre ao galego na máis extensa que existe a día de hoxe.

Esta lista de memorias de tradución continuarase ampliando no futuro, incorporando traducións de outros proxectos de software libre, así como versións máis actualizadas das memorias xa existentes.

Todas estas memorias de tradución están dispoñíbeis para a súa libre utilización, o que permitirá que as traducións nos diversos proxectos de localización de software libre realizados ao abeiro do Proxecto Trasno sexan máis homoxéneas e se realicen de forma máis rápida.

Ademais ao dispoñer dunha base de traducións tan ampla a creación e asentamento de terminoloxía será máis fácil e rápida o que permitirá obter terminoloxía de maior calidade. Dita terminoloxía publícase na páxina de recursos terminolóxicos do Proxecto Trasno en formato TBX (TermBase eXchange) de forma libre para que a empreguen todas aquelas persoas interesadas.

1 10 11 12 13 14 37