Algunha das entidades máis salientables que axudan ou axudaron ao mantemento da actividade de Proxecto Trasno
Tegnix
Anos 2010- 2012
Aloxamento do web e servizos
OpenHost
Aloxamento do web e servizos
Grupo GETLT de investigación da Universidade de Vigo
Colabora actualmente co proxecto TRASNO e co Máster en Tradución Multimedia (mtm) da Universidade de Vigo na formación e prácticas dos futuros profesionais da tradución ao galego.
Ano 2012
– Xornada de localización de aplicativos
– Tradución do manual de usuario de LibreOffice Writer.
As profesoras Mª Teresa Veiga e Marta García coordinan o grupo de tradutores voluntarios que está levando a cabo a tradución, composto por tres tradutores, alumnos de Tradución e Interpretación da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, e unha xestora de proxecto, alumna do Máster en Tradución Multimedia que desenvolve as súas prácticas participando neste proxecto. Equipo de tradución: Emma García Bértoa (xestora do proxecto de tradución e alumna do mtm), Xavier Valverde Alonso (alumno de 5º curso da Licenciatura en Tradución e Interpretación), Manuel María Veiga Lombardía (Alumno de 3º curso de Grao en Tradución e Interpretación), Antía Veres Gesto (alumna de 4º curso da Licenciatura en Tradución e Interpretación).
SNL da Universidade de Santiago de Compostela
Desde o ano 2008 ao 2013 realizamos conxuntamente os «Fiadeiros» de localización de software libre, da I á VI edicións