desde o 1999 traducindo software libre ao galego
A lei obríganos a informar de que este sitio manexa rastros (cookies técnicas) para facilitar a navegación entre páxinas e a xestión da sesión de usuario. Nin conteñen información persoal, nin se recollen nin procesan de ningunha maneira por parte de Proxecto Trasno. Maggiori informazioni
Ola, gostaríame propoñervos que entre os vosos proxectos vos plantexarades engadir o galego ó dicionario do teclado de Android. Graciñas de antemán.
Ola Daniel,
Teoricamente, coa saída oficial en galego da versión 5 de Android, que estaba prevista para finais do mes pasado, deberiamos contar tamén cun dicionario de teclado, que supoño que é ao que te refires.
Ante o retraso inexplicable por parte de Google, de momento o que hai é o Teclado SlideIT cun paquete de idioma SlideIT Galician pero non son software libre, así que nada se pode facer aí… iso si, é para versións antigas de android.
Moito mellor é a alternativa que ofrece Cilenis, Teclado Galego Android, pero para versións relativamente modernas: http://tecladogalegoandroid.com/
Por outro lado non dubides de que seguimos o asunto, estamos a “presionar” a Google para que deixe de apuntarse “puntos” publicitarios sen correspondencia coa realidade e cos seus compromisos coa comunidade galega e por se fose pouco, estamos traballando na versión de android 100% libre en Cyanogemmod, que como saberás é a versión sen control por parte de Google.
Por certo, podes colaborar na tradución: https://crowdin.com/project/cyanogenmod