Esta distribución foi unha das primeiras en impulsar a localización das súas ferramentas e utilidades, polo que é unha das que está traducida a un maior número de linguas. Ademais durante anos Pablo Saratxaga facilitou enormemente o traballo dos tradutores desta distribución.
O coordinador desta sección é Alejo Pacín, contacta con el se queres colaborar coa tradución dos paquetes e le tamén a axuda para novos tradutores de Mandriva.
Ligazóns:
Historia do grupo de tradución
- Decembro de 1999: Creado o grupo de tradución ao galego de Mandrake Linux, con Jesús Bravo Álvarez e José Manuel Cambre e como primeiros tradutores.
- Xaneiro de 2000: Publicada Mandrake Linux 7.0 Air, primeira versión oficial en galego.
- Setembro de 2002: Publicada Mandrake Linux 9.0 Dolphin cun nivel de tradución do 38%.
- Marzo de 2003: Publicada Mandrake Linux 9.1 Bamboo cun nivel de tradución do 29%.
- Outubro de 2003: Publicada Mandrake Linux 9.2 Fivestar cun nivel de tradución do 27%.
- Marzo de 2004: Publicada Mandrake Linux 10.0 Community cun nivel de tradución do 24%.
- Abril de 2004: Retomado o proxecto de tradución por Leandro Regueiro.
- Setembro de 2004: Resultados: Mandrake Linux 10.1 cun nivel de tradución do 66%.
- Abril de 2005: Mandrake pasa a ser Mandriva. Publícase Mandriva Linux 2005 ao 87%.
- Abril de 2005: Publícase Mandriva Linux 2006 cun nivel de tradución do 89%.
- Outubro de 2006: Publícase Mandriva Linux 2007 cun nivel de tradución do 91%.
- Abril de 2008: O nivel de tradución da versión en desenvolvemento acada o 94%.
- Outubro de 2008: Alejo Pacín convertese no novo coordinador do equipo de tradución ao galego de Mandriva.
- Novembro de 2009: Publícase Mandriva Linux 2010 cun nivel de tradución do 86%.
- Xullo de 2010: Publícase Mandriva Linux 2010.1 Spring cun nivel de tradución do 78%.