Lista de correo

A lista de correo de Trasno é un dos elementos comúns entre os proxectos de tradución que o compoñen. O obxectivo é ter un punto central de coordinación e de intercambio de información e opinións entre os colaboradores dos diferentes grupos.

O volume de mensaxes é variable (poucas mensaxes durante semanas, e de súpeto ducias en poucos días), pero xeralmente non hai máis de 20 ou 30 mensaxes de media mensual.

Tamén temos ficheiros históricos, comezando polo ano 1999, das listas anteriores á actual.

http://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/

Podes consultar os ficheiros da lista pola Web sen necesidade de te subscribires.

http://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/info.html

Se queres participar habitualmente na lista, recomendamos que te subscribas.

Para te subscribires á lista:

Para mandar mensaxes á lista, escribe ao enderezo proxecto@trasno.net.

Se tes problemas, escribe a proxecto-owner@trasno.net.

 


====ACTUALIZACIÓN do 3/03/2018===

Para poder subscribirse:

1 É necesario crear primeiro unha conta no dominio trasno.gal e activala coa ligazón que recibirás no teu enderezo de correo

2 Volver cargar esta páxina e premer na ligazón seguinte

Rexistrarse

3 Comprobar que recibes a mensaxe de alta na lista de discusión

Despois destes pasos que son totalmente automáticos xa estás correctamente subscrito/a.

 

You need to login to access this section

Quero colaborar na tradución de KDE

David, Delio, acabo de rematar de reescribir https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl/blob/master/README.rst

Os 4 pasos da sección «Get Started» deberían ser abondo para traducirdes o que queirades. Así que estades a 4 pasos de traducir software de KDE 🙂

Calquera dúbida, aquí me tedes.

On 2020-01-04 11:13, Adrian Chaves wrote:

Xusto hai unhas semanas me contactara outra persoa interesada en traducir software de KDE 🙂

Teño algunhas tarefas pendentes para mellorar o fluxo de traballo entre varias persoas, pero de momento copio e pego o que lle escribín á outra persoa:

Pois para empezar:

1. Mira de instalar Git, Lokalize, e o sotware de
https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl#requirements , e indícame
calquera problema.

2. Non creo que o necesites a curto prazo, pero se tes ou te creas unha
conta en Gitlab, dime cal é e podo darte acceso de escritura a
https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl

3. Desde https://websvn.kde.org/trunk/l10n-support/gl/summit/messages/
podes examinar e descargar os ficheiros de tradución actuais, e abrilos
no Lokalize para ver un pouco como funciona o programa. Non ten moita
complicación, os ficheiros teñen unha lista de parellas de mensaxes, en
inglés e en galego, e hai que completar as entradas en galego sen
traducir ou corrixir as xa traducidas. Se tes Suversion instalado,
quizáis sexa máis cómodo descargar o cartafol enteiro con «svn checkout
svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-support/gl/summit/messages».
Así podes abrir o cartafol enteiro con Lokalize, creando un proxecto de
Lokalize. E aí podes filtrar facilmente os ficheiros que te interesen
(p. ex. os que conteñan «mobile»).

4. Podes consultar en http://termos.trasno.gal/ a terminoloxía que temos
normalizada en Trasno. Procuramos escoller palabras concretas coas que
traducir conceptos concretos para que as traducións ao galego sexan o
máis homoxéneas posible no software libre no seu conxunto. Ademáis da
terminoloxía temos outras directrices, como usar a forma de respecto
(vostede) para dirixirse aos usuarios salvo no caso de videoxogos, ou
usar as formas acabadas en -bél en lugar das acabadas en -ble. Estaban
documentadas no wiki de Trasno, pero creo que o wiki se perdeu durante
unha migración 🙁

5. Cando te aburras de examinar os ficheiros de tradución e diches
instalado Pology, podes probar a usalo un pouco. Úsase principalmente
para detectar erros nas traducións ou traducións que non seguen as
directrices de Trasno, pero tamén pode usarse para buscar e substituír
nas traducións:
http://pology.nedohodnik.net//doc/user/en_US/index-mono.html#ch-sieve

No tempo que ti andas con estes pasos, tocarame preparar
https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl para poder usalo sen ter unha
conta do Subversion de KDE con permisos de escritura. Polo visto non é
posible darte permisos de escritura só nas traducións ao galego, senón
que cando teñas os permisos os terás en todo o repositorio, así que por
motivos de seguridade terás que levar un tempo traducindo para que te
dean permisos para enviar as traducións directamente ao repositorio. Ata
entón o que traduzas terás que enviarmo a min e eu subilo ao
repositorio.

Espero que non sexa moita información. En calquera caso, tómao con calma
porque pode que non dea actualizado
https://gitlab.com/proxecto-trasno/kde-gl ata dentro dun par de semanas.


On 2019-12-31 14:46, mvillarino wrote:

Boa tarde,
Efectivamente estou retirado hai xa tempo, e agora só faigo colaboración moi esporádicas. Pero sigo vivo, wue xan non é pouco.
Vou enviar este correo cc a trasno e a Miguel, que te han guiar en boa dirección.
Saúde e ánimo. Para calquera axuda que precises, se poido, hei botarche un cabo.
 
@miguel branco, este home quer colaborar na tradución de Kde, que lle podes contar?

O 12:06, mar., 31/12/2019, Delio Docampo Cordeiro <deliotrabajo@yahoo.com> escribiu:

Bos días,

Atopei esta dirección de email nesta wiki http://www.trasno.net/wiki_subdomain/KDE/

Se xa non estás no proxecto ou algo, che agradecería unha resposta, pois vai uns días escribín a dirección que está posta na web oficial
do grupo de tradución ao galego de KDE: https://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl

Todo o que busquei do proxecto trasno parece desfasado como si dende o 2018 non se tocara, pero
pode ser que sexa por que mudastes o dominio ao .gal .

Na web de KDE poñen coma dirección de contacto:
"Mailing Lists:

proxecto@trasno.net (información acerca da rolda)"

Se ese correcto está activo, por aí debe andar a miña candidatura.

Bueno o caso é que son usuario de kde dende a 3.algo e obviamente de plasma 5, uso archlinux, sei programar
e teño o ciclo superior de ASIR, non quero estender moito o email pero calquer dúbida podédesma consultar.

Xa me fixen conta en KDE e lle adiquei unhas boas horas a ler as faq, manuais e howto.

Que teño que facer pra comezar a colaborar coa tradución de KDE?

Saúdos





 

Para outros tipos de contacto:


Algunhas das outras listas onde traballamos:

https://mail.gnome.org/mailman/listinfo/gnome-gl-list

https://wiki.documentfoundation.org/Local_Mailing_Lists/gl

https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/Ubuntu-l10n-gl

https://lists.debian.org/debian-l10n-galician/

https://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl

https://www.mail-archive.com/g11n@mancomun.org/maillist.html

etc.

🙂