Lista de correo

A lista de correo de Trasno é un dos elementos comúns entre os proxectos de tradución que o compoñen. O obxectivo é ter un punto central de coordinación e de intercambio de información e opinións entre os colaboradores dos diferentes grupos.

O volume de mensaxes é variable (poucas mensaxes durante semanas, e de súpeto ducias en poucos días), pero xeralmente non hai máis de 20 ou 30 mensaxes de media mensual.

Tamén temos ficheiros históricos, comezando polo ano 1999, das listas anteriores á actual.

http://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/

Podes consultar os ficheiros da lista pola Web sen necesidade de te subscribires.

http://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/info.html

Se queres participar habitualmente na lista, recomendamos que te subscribas.

Para te subscribires á lista:

Para mandar mensaxes á lista, escribe ao enderezo proxecto@trasno.net.

Se tes problemas, escribe a proxecto-owner@trasno.net.

 


====ACTUALIZACIÓN do 3/03/2018===

Para poder subscribirse:

1 É necesario crear primeiro unha conta no dominio trasno.gal e activala coa ligazón que recibirás no teu enderezo de correo

2 Volver cargar esta páxina e premer na ligazón seguinte

Rexistrarse

3 Comprobar que recibes a mensaxe de alta na lista de discusión

Despois destes pasos que son totalmente automáticos xa estás correctamente subscrito/a.

 

You need to login to access this section

(Sen asunto)

Attachments