Lista de correo

A lista de correo de Trasno é un dos elementos comúns entre os proxectos de tradución que o compoñen. O obxectivo é ter un punto central de coordinación e de intercambio de información e opinións entre os colaboradores dos diferentes grupos.

O volume de mensaxes é variable (poucas mensaxes durante semanas, e de súpeto ducias en poucos días), pero xeralmente non hai máis de 20 ou 30 mensaxes de media mensual.

Tamén temos ficheiros históricos, comezando polo ano 1999, das listas anteriores á actual.

http://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/

Podes consultar os ficheiros da lista pola Web sen necesidade de te subscribires.

http://www.mail-archive.com/proxecto@trasno.net/info.html

Se queres participar habitualmente na lista, recomendamos que te subscribas.

Para te subscribires á lista:

Para mandar mensaxes á lista, escribe ao enderezo proxecto@trasno.net.

Se tes problemas, escribe a proxecto-owner@trasno.net.

 


====ACTUALIZACIÓN do 3/03/2018===

Para poder subscribirse:

1 É necesario crear primeiro unha conta no dominio trasno.gal e activala coa ligazón que recibirás no teu enderezo de correo

2 Volver cargar esta páxina e premer na ligazón seguinte

Rexistrarse

3 Comprobar que recibes a mensaxe de alta na lista de discusión

Despois destes pasos que son totalmente automáticos xa estás correctamente subscrito/a.

 

You need to login to access this section

Apache OpenOffice

Ola,

Son David Rebolo Magariños, un dos asistentes á vosa charla sobre Software libre na Facultade de Filoloxía e gustaríame contribuír axudando a traducir en Apache OpenOffice tanto a súa páxina principal como tamén finalizar o que se teña iniciado, pero non sei como facelo. Non sei se me podiriades axudar nisto.



Bo día,

David Rebolo Magariños,



Para outros tipos de contacto:


Algunhas das outras listas onde traballamos:

https://mail.gnome.org/mailman/listinfo/gnome-gl-list

https://wiki.documentfoundation.org/Local_Mailing_Lists/gl

https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/Ubuntu-l10n-gl

https://lists.debian.org/debian-l10n-galician/

https://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl

https://www.mail-archive.com/g11n@mancomun.org/maillist.html

etc.

🙂