Lista de correo

A lista de correo de Trasno é un dos elementos comúns entre os proxectos de tradución que o compoñen. O obxectivo é ter un punto central de coordinación e de intercambio de información e opinións entre os colaboradores dos diferentes grupos.

O volume de mensaxes é variable (poucas mensaxes durante semanas, e de súpeto ducias en poucos días), pero xeralmente non hai máis de 20 ou 30 mensaxes de media mensual.

Tamén temos ficheiros históricos, comezando polo ano 1999, das listas anteriores á actual:

Podes consultar os ficheiros da lista pola Web sen necesidade de te subscribires:

Se queres participar habitualmente na lista, recomendamos que te subscribas.

Como subscribirse

1. É necesario crear primeiro unha conta no dominio trasno.gal e activala coa ligazón que recibirás no teu enderezo de correo.

2. Carga de novo esta páxina e preme na ligazón seguinte:

Rexistrarse

3. Comproba que recibes a mensaxe de alta na lista de discusión

Despois destes pasos, que son totalmente automáticos, xa estás correctamente subscrito/a.


Para outros tipos de contacto:


Algunhas das outras listas onde traballamos:

  • https://mail.gnome.org/mailman/listinfo/gnome-gl-list
  • https://wiki.documentfoundation.org/Local_Mailing_Lists/gl
  • https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/Ubuntu-l10n-gl
  • https://lists.debian.org/debian-l10n-galician/
  • https://l10n.kde.org/team-infos.php?teamcode=gl
  • https://www.mail-archive.com/g11n@mancomun.org/maillist.html

etc.

🙂