IceWM

icewm-logo

  • Descrición: IceWM é un xestor de xanelas para o sistema X Window. O seu obxectivo é a velocidade e maila simplicidade.
  • Páxina web: IceWM
  • Traducido por: Miguel Anxo Bouzada
  • Última versión traducida: 1.2.35 / 1.2.36_1.3.3
  • Descarga da tradución : gruvi.galpon.org

A xente deste proxecto é, por dicilo así, algo reticente a aceptar as traducións que se lle intentaron enviar. Por este motivo, resulta complicado que as distribucións leven incorporada a tradución realizada por Miguel Bouzada, e que se pode descargar desde [[1]]. Se estás interesado en empregar IceWM en galego, e non sabes como facelo, podes seguir estas instrucións:

  • Visita este repositorio
  • Escolle, de entre as versións dispoñíbeis, a máis parecida á que use a túa distribución
  • Localiza o ficheiro “.mo” (pode aparecer como gl.mo, ou icewm.mo)
  • Gárdao, co nome icewm.mo, na ruta adecuada no teu sistema.
    Esta ruta debería ser /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/icewm.mo, sempre que non esteamos a empregar o IceWM compilado por nós mesmos.

Para poder gardalo nesa ruta, terás que ter permisos de administración. Descárgao no teu cartafol persoal, e logo móveo aló empregando “sudo”, ou co usuario “root”:

 cd <cartafol onde gardases o ficheiro>
 sudo cp <ficheiro> /usr/share/locale/gl/LC_MESSAGES/icewm.mo

Outras rutas nas que pode ser preciso gardar este ficheiro poderían ser:

/usr/share/locale/gl_ES/LC_MESSAGES/icewm.mo (no -raro- caso de que a nosa distro empregue o código de idioma gl_ES para o galego)
/usr/local/share/locale/gl/LC_MESSAGES/icewm.mo (se compilamos nós icewm, este normalmente instalarase dentro de /usr/local)

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*