Garantías e responsabilidade

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE:

A Asociación Cultural Proxecto Trasno (NIF G70234315) non se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e perdas de calquera natureza que puidesen ocasionar, a título enunciativo: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do sitio Web ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, malia adoptar todas as medidas tecnolóxicas necesarias para evitalo.

Deficiencias do servizo, das redes de comunicación, dos problemas resultantes do mal funcionamento ou uso de versións non optimizadas de calquera navegador, posíbeis erros de seguranza que se poden producir nin dos posíbeis danos que se poidan causar no sistema informático do USUARIO, aos ficheiros ou documentos almacenados nel, como consecuencia da presenza de virus no computador do USUARIO utilizado para a conexión aos servizos e contidos do sitio Web, avarías telefónicas, interferencias, omisións ou desconexións no funcionamento operativo do sistema electrónico motivados por causas alleas á AC Proxecto Trasno. Do coñecemento que poidan ter terceiros non autorizados da clase, condicións, características e circunstancias de acceso e uso que os USUARIOS fan do sitio web e das informacións e servizos. Do uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes condicións xerais, á boa fe, aos usos xerais aceptados ou á orde pública, do sitio Web, os seus servizos ou contidos, por parte dos USUARIOS

MODIFICACIÓNS:
A Asociación Cultural Proxecto Trasno resérvase o dereito para efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas na páxina web, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu portal.

LIGAZÓNS:
No caso de que nos dominios e subdominios trasno.net ou trasno.gal se dispuxesen ligazóns ou hipervínculos cara a outros sitios de terceiros na Internet, a AC Proxecto Trasno non exercerá ningún tipo de control sobre os ditos sitios e contido.

Baixo ningunha circunstancia, a AC Proxecto Trasno asumirá responsabilidade ningunha polos contidos dalgunha ligazón pertencente a un sitio web alleo, nin garantirá a dispoñibilidade técnica, calidade fiabilidade, exactitude, amplitude, veracidade, validez e constitucionalidade de calquera material ou información contida en ningún dos ditos hipervínculos ou outros sitios da Internet. Igualmente a inclusión destas conexións externas non implicará ningún tipo de asociación, fusión ou participación coas entidades conectadas.

DEREITO DE EXCLUSIÓN:
A Asociación Cultural Proxecto Trasno resérvase o dereito de bloquear o acceso dun USUARIO ante calquera indicio de utilización fraudulenta dos servizos ofrecidos sen necesidade de preaviso, a instancia propia ou dun terceiro, a aqueles usuarios que incumpran as presentes condicións xerais de uso.

XENERALIDADES:
A Asociación Cultural Proxecto Trasno perseguirá o incumprimento das presentes condicións así como calquera utilización indebida do seu web e servizos exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito

MODIFICACIÓN DAS PRESENTES CONDICIÓNS E DURACIÓN:
A Asociación Cultural Proxecto Trasno poderá modificar en calquera momento as condicións aquí determinadas, sendo debidamente publicadas como
aquí aparecen. A vixencia das citadas condicións irá en función da súa exposición e estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

LEXISLACIÓN APLICÁBEL E XURISDICIÓN:
A relación entre a Asociación Cultural Proxecto Trasno e o USUARIO/A rexerase pola normativa española vixente e calquera controversia someterase aos Xulgados e Tribunais da Cidade onde corresponda á sede oficial da Asociación, conforme os seus estatutos.