Nesta páxina explicámosche os pasos que tes que seguir para usar Firefox en galego en Android. Previamente tes que configurar Android en galego.
Tes que acceder á aplicación Play Store, a aplicación usada para acceder á tenda en liña de Google, para buscar o Firefox.
No seu buscador, tes que buscar Firefox e logo premer na primeira coincidencia.
Entre os resultados tes que buscar «Firefox: O navegador seguro» e premer o botón Instalar.
Trala descarga e instalación, xa o podes executar Firefox premendo o botón Abrir.
E logo da instalación, para executalo só tes que premer na súa icona.