Este proxecto de tradución está abandonado. Se queres poñerte a traducir esta distribución de GNU/Linux envía unha mensaxe á lista de correo para avisar de que te pos a traducir e se o necesitas, solicitar axuda.
Para comezar o proceso de tradución sería bo que consultaras antes a Guía de inicio rápido para novos tradutores de Fedora para involucrarte na comunidade de tradución de Fedora e RedHat, e así poder enviar as traducións ao proxecto orixinal.
Ligazóns:
-
Guía de inicio rápido para novos tradutores de Fedora (moi sinxela)
-
Sección de documentación sobre a tradución de Fedora (moito máis detallada)