Escritorio LXDE

LXDE-logo


LXDE
é un contorno de escritorio libre para Unix e para outras plataformas POSIX, como Linux ou BSD. O nome corresponde a “Lightweight X11 Desktop Environment”, que en galego significa Contorno de escritorio X11 livián.

LXDE é un proxecto que apunta a entregar un novo contorno de escritorio lixeiro e rápido. Non está deseñado para ser tan complexo como KDE ou Gnome, pero é bastante utilizábel e lixeiro, e mantén unha baixa utilización de recursos. A diferencia de outros ambientes de escritorio, os compoñentes non se integran firmemente. Ao contrario, os compoñentes son independentes, e cada un deles pódese utilizar independentemente con moi poucas dependencias.

LXDE usa Openbox como xestor de xanelas predeterminado e apunta a ofrecer un escritorio lixeiro e rápido baseado en compoñentes independentes que poden ser utilizados noutros contornos.

O coordinador desta sección é Sito Freiría, contacta con el se queres colaborar coa tradución e apúntate na lista de correo do Proxecto Trasno e na lista de correo para os tradutores de LXDE.

Ligazóns:

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*