Escritorio KDE

Logo de KDE

Esta é a páxina sobre o grupo de tradución a galego do contorno de escritorio KDE. Se queres colaborar no proxecto primeiro diríxete á sección de como colaborar na localización, que inclúe:

  • Introdución á localización
  • Guía de estilo para as traducións
  • Dicionario técnico inglés-galego

Despois revisa a información que tes aquí. Para calquera dúbida ou consulta contacta con nós ou cos coordenadores do proxecto. Axudarémosche con todo o que non entendas.

Que é KDE?

KDE (K Desktop Environment) é unha comunidade de software libre que produce un conxunto de aplicativos multiplataforma, deseñados para se executar en Linux, FreeBSD, Windows, Solaris e Mac OS X. É máis coñecido por producir o contorno de traballo “Plasma Desktop”, que é empregado como contorno predefinido en moitas das distribucións Linux tales coma openSUSE, Mandriva Linux, Slackware, PCLinuxOS, Kubuntu, Sabayon Linux, Sidux, MEPIS, Frugalware, Ark Linux, VectorLinux ou Pardus.

O Obxectivo do Proxecto é ofrecer as funcionalidades básicas dun entorno de escritorio, aplicativos para as operación diarias máis correntes e un entorno de programación para a plataforma. Como tal, o proxecto KDE serve de paraugas para moitos aplicativos independentes ou proxectos máis pequenos que se basan nas tecnoloxías de KDE. Isto inclúe a KOffice, KDevelop, Amarok, K3B e tantos outros. O software de KDE básase no toolkit de Qt, inda que ten sporte para moitos programas baseados en GTK.

O proxecto de tradución de KDE ao galego, integrado no proxecto Trasno, tenta adaptar o software do proxecto KDE á poboación galegofalante mediante a tradución da interface e da documentación. Isto inclúe a localización de:

  • Plasma Desktop
  • KDEPIM
  • KOffice
  • KDevelop
  • Amarok, Kaffeine, K3b, Digikam…

A tradución aquí realizada inclúese automaticamente na distribución oficial de KDE e nos programas extraoficiais, o que quere dicir que, excepto demoras, calquera distribución de Linux ou BSD leva consigo a versión en galego. Non é preciso descargar ningunha tradución por separado desde esta páxina para dispor dun entorno KDE traducido.

A tradución de KDE, ao igual que calquera dos proxectos de tradución agrupados en Trasno, é levada a cabo por voluntarios. Tes máis información de quen colabora no proxecto trasno nesta web.

Como colaboro?

Os requisitos para colaborar son os mesmos que para calquera outro proxecto de Trasno. Informate aquí.

  • É desexable, porén, ter coñecementos de inglés técnico suficientes para facer as traducións e tamén un coñecemento alto de galego en rexistro formal. É desexable ter coñementos de sistemas UNIX.
  • É requisito indispensable antes de comezar a traducir coñecer os acordos de estilo e acordos de terminoloxía que empregamos. Pódelos atopar nesta sección da wiki. Con todo, os coordenadores encargaranse de ir revisando as traducións e informando en que puntos non se cumpliu. Adaptarse ao comezo levará tempo. Estes acordos, porén, non son inmutables: só hai que facer unha exposición razoada de porqué se debería aplicar outro criterio ou termo na lista de correo xeral.

Unha vez comprendido isto, rexístrate na lista de correo e informa de que queres participar.

As coordenacións repártense por módulos nos que o proxecto KDE está dividido. Os coordenadores encárganse de que non haxa máis de unha persoa traballando por módulo ao mesmo tempo, evitando efozos en van. Así que antes de comezar a traducir hai que informalos de qué módulo se escolle para traducir ou pedir que che asignen un módulo libre. Pódese escoller traballar nun módulo indefinidamente.

Traducir en KDE

A tradución en KDE é técnicamente similar á de calquera outro programa. Asegúrate de que entendes esta introdución sobre da localización en xeral, especialmente o relativo ao sistema Gettext e o CVS. Pregunta calquera dúbida que teñas.

Dende o grupo de KDE recomendamos ter unha copia local do repositorio de KDE, é dicir, unha copia do servidor de KDE onde se aloxan as traducións oficiais e as mesaxes sen traducir. Explicase máis abaixo como obtela. Deste xeito terás no teu ordenador unha copia exacta das traducións que poderás actualizar cando queiras e poderás traballar sobre delas sen necesidade de descargar cada ficheiro de tradución por separado.

É recomendable que no teu disco duro crees un cartafol especificamente adicado á tradución (p.ex no teu cartafol persoal un chamado “Traducións”). Asegúrate de ter instalado un cliente de Subversion, SVN, e logo executa as seguinte ordes na liña de comandos.

Versión simple

1. Obtén unha copia do ficheiro “trasno_firsttime.sh”, que se pode obter de KDE e executa ese ficheiro:

$ bash trasno_firsttime.sh gl

2. Obrar como se indica no ficheiro axuda.txt que se instalou en “$HOME/Traducion/KDE/trunk/l10n support/gl/coordinator_helper_scripts”

3. Traducir: executar a orde anovar.sh gl [chave_ssh] e empregar o lokalize para traducir. Aquí tendes manuais de Lokalize en galego e inglés

4. Entregar: enviarlle a quen actúe como coordinador os ficheiros que se teñan traducido por correo.

Para afoutos

1. Crear un cartafol específico para a versión de KDE correspondente (pode facerse con dolphin):

mkdir -p $HOME/Traducion/KDE

2. Obten a túa copia local.  Dentro dun cartafol para as traducións da versión en desenvolvemento (nome típico: gl):

svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/gl

Dentro dun cartafol para os modelos (nome típico: templates):

svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/templates

É moi útil dispor tamén dos scripts

svn co svn://anonsvn.kde.org/home/kde/trunk/l10n-kde4/scripts

3. Para evitar problemas de conflitos ao actualizar entre a copia local e a entregada, recomendase actualizar só a copia local dos modelos, e facer a posta ao día da copia de ficheiros traducidos mediante os scripts, a secuencia de ordes é:

cd ~/Traducións/KDE4.x #onde o “x” é o número da versión na que se estea a traballar

svn update ./templates

./scripts/merge_all.sh gl #verificar que o script teña permisos de execución

Unha vez traducido, ímonos o cartafol que queiramos e os paquetes que alí se modificaron pódense empaquetar do seguinte xeito:
svn st | grep ^M | awk ‘{ print $2}’ | xargs tar czf entrega.tar.gz
Podemos ter un listado dos paquetes que inclúe o ficheiro comprimido co seguinte comando:
tar -tf entrega.tar.gz

O coordinador debe realizar estas operacións dun xeito diferente.

Tamén podes, no proxecto de Lokalize, indicar a ruta a estes dous cartafoles e xestionar as traducións directamente desde este programa. Se xa fixeches a copia local do repositorio (paso anterior) lee a documentación de Lokalize.

Quen é o coordinador?

O coordinadore actual do grupo é Marce Villarino. Escribe na lista de correo ou  envíalle unha mensaxe a Marce se queres colaborar ou para calquera cuestión.

Estado das traducións

Na actualidade a póla en desenvolvemento de KDE atópase traducida ao galego en máis dun 85% (ve lista de linguas por orde). A última versión estábel, a 4.9, atópase traducida ao galego nun 88%.

Para ver as estatísticas de tradución da póla estábel ou da póla en desenvolvemento usa estas ligazóns oficiais:

Sempre nos esquencemos de alguén… máis os principais tradutores en activo arestora son Marce Villarino, Xosé Calvo, Miguel Branco e Adrián Chaves. Tamén colaboran de cando en cando ou colaboraron no seu día Manuel A. Vázquez, Chema Barcala, Pedro Suárez, Rodrigo Boado, Martina Ramilo, Javier Jardón, Jorge Baz, Máximo Coejo, Leandro Regueiro, Gonzalo H. Castilla, Jesúas Bravo e Xabi G. Feal…

Historia

  • Agosto de 2000: O equipo de tradución ao galego fíxose oficial no proxecto de localización de KDE, con Jesús Bravo Álvarez e Alejandro Pose como primeiros coordinadores.
  • Setembro de 2003: Xabi García Feal tomou o cargo de coordinador principal do proxecto de tradución a galego.
  • Xuño do 2005: O nivel de tradución na póla en desenvolvemento acada o 44 %.
  • Setembro de 2006: O nivel de tradución na póla “trunk” acada o 80%
  • Decembro de 2006: Comeza o traballo na documentación da póla estábel.
  • Xaneiro de 2007: O nivel de tradución na póla estábel acada o 77%.
  • Xullo de 2008: Sae KDE 4.1 traducida ao 92%, a galla estábel acada o 95%.
  • Agosto de 2008: A versión en desenvolvemento acada o 99%, e disponse da infraestrutura para traducir os textos común de docbook.
  • Xaneiro de 2009: Acadamos o 100% na versión estábel. Por desgraza, o ritmo dos desenvolvedores é case imposíbel de seguir.
  • Agosto do 2012: ao 88% do total de interface e o 35% da documentación.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*