Drupal

O día 22 de maio de 2010 Miguel Anxo Bouzada, membro de Proxecto Trasno solicita os permisos precisos para traducir Drupal na súa ferramenta en liña:

http://localize.drupal.org/translate/languages/gl

O día 23 de maio comeza a tradución e revisión a partires da primeira liña, o camiño que queda por diante é duro, xa que Drupal ten (neste momento) 208.637 liñas, das que apenas está traducido o 1,51% (o idioma máis traducido a día de hoxe é o alemán cun 14,67%) pero xa que a maioría son moi antigas, compre unha revisión total.

Podemos seguir as estatísticas globais de tradución aquí

Iniciamos a tradución do “core”, son 5.032 liñas, das que están traducidas 1.362 (pero que revisaremos unha a unha) estando sen traducir 3.670.

Estatísticas do “core” http://localize.drupal.org/

O esquema que se segue en Drupal Galicia para aplicar as traducións resulta de todo punto inoperante, a día de hoxe (15 de xullo de 2010), case dous meses despois de enviadas as traducións do core, só foron verificadas 197 liñas das 5.032 que o compoñen. por elo decidimos disponibilizar as traducións polos nosos medios (neste caso empregando a infraestrutura de GALPon MiniNo) http://gruvi.galpon.org/minino/traducciones/drupal/ , onde está dispoñíbel:

Os seguintes módulos nos que imos traballar

  • Views
  • CCK

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*