Documentación

O software libre ten, entre outras vantaxes, a posibilidade de ser adaptado lingüisticamente para o seu uso por calquera comunidade. Este proceso pasa por tres fases, das que a primeira é a internacionalización (abreviada como i18n, polo número de letras da palabra en inglés), que consiste no deseño das aplicacións de maneira que poidan ser adaptadas a outros idiomas e «rexións».

Nós intervimos nas outras dúas fases.

Para a tradución precisamos comprender o mellor posíbel o sentido do texto orixinal, sempre o inglés, e os recursos lingüísticos e pragmáticos do galego. Isto require coñecementos técnicos, de inglés e de galego.

A localización (abreviada como L10N) é o proceso, paralelo ao de tradución, de adaptación de formatos de moeda, de hora, códigos postais, referencias culturais, enderezos de páxinas web, etc.