Debian, o sistema operativo universal
Prioridades do grupo de tradución
A oferta de adaptación lingüística de Debian pode verse aquí: http://www.debian.org/international/
Os 37.500 paquetes de software son un amplo universo onde traballar e resultaría pouco realista e práctico propoñerse como obxectivo chegar ao 100% de galeguización. Se conseguimos traducir o 15% dos paquetes máis populares abrangueremos case todos os paquetes que un usuario medio vaia precisar.
Por iso o equipo de localización ao galego establece a seguintes prioridades
– Manual de instalación e as notas da versión (release notes).
– Descrición dos paquetes.
Botarlle unha ollada ao galego en Debian
Como colaborar
- Lista de correo do grupo de localización ao galego de Debian: debian-l10n-galician@lists.debian.org
- Listas xerais de internacionalización de Debian: http://lists.debian.org/i18n.html
Ata setembro do 2008, Jacobo Tarrío dedicouse a traducir varios compoñentes do sistema Debian, como o instalador e os programas que se empregan durante a instalación, as utilidades de xestión de paquetes de Debian e as pantallas de configuración de algúns dos paquetes máis empregados.
En 2013 é Jorge Barreiro quen mantén unha dedicación de traballo máis específica sobre Debian.