Para nos mantermos en contacto e organizar o traballo empregamos mecanismos diferentes:
Sitio web
Este sitio web, no que se ofrece información xeral sobre o proxecto e os distintos grupos de traballo que conflúen nel.
Correo electrónico
- O correo electrónico do proxecto é proxecto en trasno.gal e o da directiva directiva en trasno.gal.
Lista de correo
É desde hai tempo o punto central de coordinación e de intercambio de información e opinións entre as persoas que colaboran nos diferentes grupos.
Mensaxaría instantánea
En Telegram utilizamos:
- Canle de Trasno – Para anuncios relacionados co software libre e a tradución ao galego.
- Grupo Proxecto Trasno – Para consultas puntuais e avisos urxentes.
Wiki
- Na wiki imos recompilando o que imos aprendendo. Hai recursos técnicos como instrucións de procedementos informáticos, iniciativas e propostas, listaxes diversas (de «falsos amigos», por exemplo), actividades realizadas, etc.
Foro de discusión
- En 2021 lanzamos un foro de discusión, aínda en probas, co que pretendemos facilitar as discusións e ofrecer un lugar específico de cada proxecto de tradución para recibir comentarios, coordinar esforzos e informarse para colaborar
Redes sociais