RegistrationMagic en galego

Presentamos a tradución ao galego da recente versión 3.8.3.3 así como a memoria de tradución deste gran complemento para WordPress que permite a elaboración de complexos formularios de forma totalmente visual, a xestión de usuarios, relacións, pagamentos, en todos os aspectos, cunha excelente integración visual e funcional tanto co núcleo do CMS como con terceiros (MailPoet, MailChimp, Facebook, Twitter, LinkeIn, para todo tipo de propósitos.

A tradución acada as 9630 palabras e 1445 cadeas. Actualmente é a única tradución completa a un idioma distinto do inglés.

RegistrationMagic-Custom Registration Forms é software de código aberto.

Máis info sobre este complemento en WordPress.org

Memoria de tradución (engadida ao noso repositorio en formato TMX)

Descargar a tradución encapsulada nun .zip que contén .PO directamente usable.

 

 

Tradución de Loco Translate, un entorno web básico para traducir WordPress

Publicamos a tradución ao galego de Loco Translate (Versión 2.1.4 ), un complemento para o CMS WordPress que permite realizar e xestionar a tradución de complementos e temas de modo moi sinxelo.

Loco Translate

Para instalala, recomendamos primeiro instalar o complemento como calquera outro, configuralo para gardar as traducións que fagamos no cartafol personalizado, común de todo o que se faga con Loco Translate (e non dentro dos cartafoles de cada complemento para evitar que se sobrescriban ao actualizar).

Logo, e mentres o complemento non traia xa a tradución galega incorporada, teremos que facer unha instalación «manual»:

– Lanzar a interface interna de Loco Translate

– Seleccionar o complemento (plugin) Loco Translate para traducir. Como non ten ficheiro de galego, hai que crealo (escollendo a localización personalizada).

– Descargar e descomprimir o ficheiro da tradución galega e subilo por FTP ao noso sitio. Ali buscaremos o cartafol onde Loco Translate creou o ficheiro co nome “loco-translate-gl_ES.po” que vai estar baleiro, eliminámolo e substituímolo polo que estamos cargando, co mesmo nome.

loco-translate-gl_ES

E xa está! Moi sinxelo

Non vos esquezades de compartir ou daernos noticia das traducións que fagades de temas e complementos do WordPress.

WordPress 3.5 dispoñible en galego

Acaba de publicarse WordPress 3.5 e está dispoñíbel en galego grazas ao excelente traballo da comunidade de tradución ao galego de WordPress.

Esta nova versión inclúe múltiples melloras entre as que se poden destacar un novo xestor multimedia, un novo tema predeterminado ou diversas melloras no panel.

A tradución ao galego realizouse mediante GlotPress, a ferramenta de tradución colaborativa de WordPress, e nela participaron varios membros do equipo de tradución de WordPress.