A Document Foundation anuncia a LibreOffice 4.0.1

Berlín, 06 de marzo de 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.0.1, para Windows, MacOS e Linux, a primeira versión tras o éxito da publicación da LibreOffice 4.0 a principios de febreiro, que está acadando cotas inéditas de demanda de actualización diaria sobre os 100.000 IP únicos (eran só 25 mil hai un ano). O contro remoto do Impress da LibreOffice Impress xa está dispoñíbel para todas as plataformas – Linux MacOS e Windows – desde Google Play. As instrucións están dispoñíbeis (…)


[LibO] LibreOffice

Comezar con LibreOffice 4.0

Acaba de saír a nova versión da guía de inicio para os usuarios de LibreOffice. Está enfocada á nova serie da suite, a versión 4, polo que consitúe a mellor ferramenta para sacarlle o máximo partido a todos os aplicativos da suite (Writer, Impress, Draw, Base…) Esta guía, que consta de case 400 páxinas, está feita pola comunidade polo que se ofrece para o uso libre por parte de usuarios, formadores e entidades. Ora ben, está dispoñible unicamente en inglés neste momento. O Guía Getting Start (…)


Manuais e recursos de usuario

Google outra vez ao bloqueo!

Desde o equipo de tradución ao galego de LibreOffice queremos facer saber: Sabedes que unha das funcionalidades máis interesantes da rama 4 é a do control remoto de Impress mediante un dispositivo con Android. Ben pois o aplicativo para Android ofrécese desde aquí https://play.google.com/store/apps/… A descrición do aplicativo e as instrucións de uso pódense usar en varias linguas españolas como o castelán e o catalán pero non en galego nin en éuscara porque a Google Play non ofrece esta opción (…)

1 4 5 6 7 8 9