A extensión Anaphraseus xa en galego

Anaphraseus é unha ferramenta de tradución TAC (Computer Aided Translation, CAT en inglés), que se integra coa suite ofimática coma unha macro, de xeito semellante ao famoso Wordfast. Utiliza o formato de memoria de tradución deste (*.TXT), e admite a segmentación do texto. Hai máis de un ano xa realizamos (Leandro Regueiro e eu mesmo, membros de Proxecto Trasno) a súa tradución polo seu interese para traducir documentos breves de modo consistente ao longo do tempo (notas de prensa, anuncios, (…)


Novas e anuncios

The Document Foundation anuncia LibreOffice 4.1.2

Berlin, 4 de outubro de 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.1.2, para Windows, Mac OS X e Linux. Esta é a segunda edición menor da familia 4.1, que concreta un largo número de melloras na interoperabilidade con formatos de ficheiro privativos ou herdados. A nova edición é outro paso adiante no proceso de mellora a superior calidade e estabilidade de LibreOffice 4.1. Para a adopción por parte das empresas, a Fundación Documento suxire LibreOffice 4.0.5 (coa 4.0.6 a punto de (…)


[LibO] LibreOffice

En sinal de homenaxe e solidariedade

O equipo de Lingua Nativa de LibreOffice e OpenOffice en galego queren ofrecer esta humildísima homenaxe a todas as persoas que foron vítimas do accidente de ferrocarril ocorrido en Santiago de Compostela na tarde-noite do 24 ao 25 de xullo de 2013, Día da Patria Galega, xusto cando tiñamos todas as esperazas e motivos para celebrar uns días de festas e de encontros familiares. Sumámonos ao loito colectivo agora, suspendendo discretamente toda a nosa actividade de divulgación. Por outra parte, (…)


Coordinación

1 2 3 4 5 8