A Trasnada ’10, o primeiro festival de tradución de software libre

Os trasnegos imos celebrar a Trasnada ’10, o primeiro festival de tradución de software libre ao galego. Será na vila de Ordes, este día 16 de Outubro, en colaboración coa AC Inestable.

A Trasnada pretende reunír a todos os tradutores de software libre ao galego para darlle un empurrón aos proxectos de localización, coordinarnos e tomar decisións para o futuro. Como parte deste evento teremos un espazo reservado para a formación de novos tradutores. Co cal, estades convidados a este evento todos aqueles de vós que xa traducides software libre e todos aqueles que esteades interesados en aprender a facelo.

A xornada comezará ás 11:00 na Casa da Cultura do Concello de Ordes e rematará ás 20:00. Farase unha pausa para o xantar a iso das 14:00 e ata as 16:30. Inda sendo un evento público, para mellor coordinación do evento confirmade asistencia na dirección de correo electrónico info [en] trasno.net. Para máis información visitade a páxina do evento.  Aqueles interesados en aprender a traducir software precisaredes de traer os seus equipos convosco.
Tedes un mapa do lugar de celebración a continuación.

Ver mapa más grande

Para o evento contamos coa inestimable colaboración da AC Inestable, grupo de usuarios de Linux da comarca e que se ocupará da loxistica do evento; e o Ex. Concello de Ordes. Patrocinan o evento Mabishu, Openhost e a Xunta de Galicia.

A AC Proxecto Trasno celebra a súa 1ª asemblea ordinaria do ano

logo

«Dende a directiva da AC Proxecto Trasno queremos informar de que  este Sábado 17 de Xullo ás 16:30 no Centro Cívico de Monelos, na Cidade d’A Coruña, celebramos a primeira asemblea ordianaria do ano. A esta asemblea están chamados todos/as os/as socios/as para decidiren sobre da orde do día. Porén queremos facer extensivo este chamamento a todos/as os/as localizadores/as ao galego que non forman parte da asociación para que poidan coñecernos, preguntarnos e dar a súa opinión sobre dos temas que nos ocupan ou mesmo asociarse.

Previo á cita celebraremos un xantar informal, así que no tocante ao persoal, está é unha xuntanza de amigos e compañeiros de grupos de traballo que espero que todos os asistentes desfrutemos. No tocante á asociación, dende a directiva esperamos que a asemblea nos sirva de catálise definitiva neste novo arrinque do Proxecto Trasno.

Na asociación confiamos que neste ano de traballo marquemos as bases dun futuro próspero para a localización ao galego: renovando e ofrecendo novos espazos e servizos, recursos e apoio a todos os tradutores. »

 


Miguel Branco

 

Presidente da AC Proxecto Trasno

Para informarse ou preguntar sobre da reunión, póñanse en contacto neste enderezo de correo.

Teñen un mapa detallado do lugar de encontro embaixo.

Ver 1º Asemblea de Trasno 2010 en un mapa más grande

1 2 3 4