No Proxecto Trasno continuamos coas xuntanzas que chamamos as «Trasnadas». Nestas xuntas dedicámonos a pechar debates sobre terminoloxía en tradución de software libre, debater novos eidos de traballo, pero especialmente, recibir a os que queirades comezar a traducir software libre ao galego.
En que consiste a trasnada?
A trasnada sérvenos como unha sesión de traballo para lograr acordos e planificar o futuro dos proxectos de localización nos que traballamos (ie., dende Debian, GNOME, KDE a LibreOffice). Como noutras ocasións, e buscando producir traducións de calidade, o tema de debate fundamental será a actualización das normas de estilo e a terminoloxía neste ámbito da tradución.
Cando e onde
A xente de Trasno reunirémonos en breve en Pontevedra o vindeiro día 18 de xuño, a partir das 10.30 h. na Sede da FANPA, onde temos un lugar cedido onde poder traballar.
FANPA Pontevedra
cargando mapa - por favor, espere...
FANPA Pontevedra42.433957, -8.648660r/ Xan Guillermo, 9
Pontevedra
36003
Tema: Creación do Manual de estilo para a tradución de software libre
En virtude do convenio de colaboración que asinamos coa AMTEGA, Proxecto Trasno ten prevista a elaboración dun pequeno manual de arredor de 30 páxinas para cubrir a carencia de materiais de referencia dos voluntarios e profesionais co fin de lograr un “xeito” de tradución homologable e homoxéneo.
O manual visa ofrecer unha fixación para os problemas máis correntes que permita aos novos tradutores incorporarse con garantías de calidade nos grandes proxectos de tradución.
Para que as novas xeracións e as futuras que están por vir teñan a oportunidade de utilizar o noso idioma cos medios que hoxe se utilizan, nós tamén nos sumamos ao Día da Lingua Materna.
Traballamos agora e sempre para que sexan libres e orgullosos falantes, escribentes, fotógrafos, matemáticos, físicos, deportistas, viaxeiros, astrónomos, funcionarios, xente da súa casa, para todas e todos.
O software libre é o voso aliado para utilizar o galego. En galego somos donos do noso, somos máis libres.
O vindeiro día 13, sábado, terá lugar a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de socios en Pontevedra. A hora de convocatoria é ás 10.00 h en primeira convocatoria e ás 11.00 en segunda.
A Orde do día é a seguinte:
Lectura e aprobación de actas anteriores
Informes
Actividades
Económico
Presidencia
Aprobación de plan de actividades
Rolda aberta de intervencións
Mapa de localización
FANPA Pontevedra
cargando mapa - por favor, espere...
FANPA Pontevedra42.433957, -8.648660r/ Xan Guillermo, 9
Pontevedra
36003
Xa na sesión da tarde, que terá lugar a partir das 15.30 faremos unha sesión de traballo, unha das nosas “trasnadas” nun local próximo e aberto ao público: no local que nos cede a FANPA .