LibreOffice 5.3 ofrece as primeiras versión da súa nova interface

Coa nova versión de LibreOffice, A Document Foundation está facendo unha oferta novidosa para os usuarios. Aquí tedes todos os cambios, aínda que non están plenamente consolidados xa son utilizables se nos animamos a probar as funcionalidades avanzadas: https://wiki.documentfoundation.org/ReleaseNotes/5.3

LibreOffice53_nova_interface

De feito esta versión 5.3 é considerada para “entusiastas” das novidades tecnolóxicas, mentres se ofrece a versión 5.2.5 como versión consolidada, madura, para usuarios que antepoñen a estabilidade.

Descargar a versión 5.3 (Windows 32 bits)

Descargar a versión 5.2.5 (Windows 32 bits)

Ubuntu 16.04 está na rúa

Acaba de publicarse a nova versión de Ubuntu 16,04 (LTS) con asistencia durante 5 anos e tradución completa ao galego. Ubuntu 16.04 que aparece co nome Xenial Xerus e unha especie de esquío como icona, xa non será compatíbel co controlador de gráficos propietario AMD Catalyst coñecido como fglrx. No seu canto, Canonical recomenda o uso de alternativas libres de Radeon e AMDGPU. Os que teñades unha tarxeta gráfica de AMD/ATI Raedon deberiades ter isto en conta antes de anovar xa que non haberá controladores gráficos propietarios AMD/ATI até presumibelmente finais de ano. Os controladores libres teñen funcionalidades limitadas que deberiades probar desde un Ubuntu CDLive ou USBLive antes de instalar o sistema no disco. Se non vos satisfai o seu rendemento quizais debades agardar polos novos controladores propietarios que se liberarán posteriormente, especialmente se es un «gamer».

Unha das principais melloras de Ubuntu 16.04 é a compatibilidade para paquetes Snappy (paquetes que incorporan as dependencias) coa idea de preparar o sistema operativo para Unity 8 e para unha futura integración cos aplicativos dos dispositivos móbiles, apuntando á converxencia de sistemas. Con isto Ubuntu ofrecerá un novo sistema de paquetería para mellorar a seguranza e a fiabilidade dos aplicativos e facilitar que os desenvolvedores poidan ofrecernos sempre as últimas versións dos programas válidas para todas as versións de Ubuntu. Non substituirán os paquetes .deb, pero ofrecen unha alternativa na que os aplicativos non estará subordinados ás dependencias para actualizarse.

O aplicativos empaquetados en Snaps estarán illados do resto do sistema, de xeito que poderemos instalos sen preocuparnos de que o proceso afecte ao funcionamento doutros aplicativos.

Novas funcionalidade do Ubuntu 16.04 LTS

  • Linux kernel 4.4: Ubuntu 16.04 LTS baséase nunha publicación de Linux da serie 4.4 con asistencia de longa duración.
  • Python anovouse á versión 3.5 aínda que Python 2 seguirá dispoñíbel.
  • O Centro de Software de Ubuntu desaparece para dar paso a un máis eficaz GNOME Software para descarga de aplicativos. Deste xeito a experiencia na tenda de aplicativos será máis rápida.
  • GNOME Calendar vén incluído predeterminadamente.
  • Empathy e Brasero xa non virá instalados na versión estándar.
  • Chromium vén anovado á versión 48.
  • Firefox vén anovado á versión 45.
  • Mellor integración do Iniciador co Nautilus.
  • Posibilidade de ter os menús sempre visíbeis.
  • As buscas en liña do Panel veñen desactivadas predeterminadamente como demandaban moitos usuarios desde hai tempo.
  • As teclas rápidas do HUD cambian de Alt a Alt+espazo. Os controis predeterminados das xanelas cambian a Alt+Súper para evitar incompatibilidades detectadas no funcionamento con xogos e escritorios virtuais.

ubuntu_16.04_launcher

Unity e Compiz

  • O 16,04 trae un Iniciador mellorado que se integra co xestor de ficheiros e os dispositivos.
  • Disporá dunha opción no centro de control de Unity para mostrar sempre os menús.
  • Novas barras de desprazamento superpostas no Panel
  • Posibilidade de mover o Iniciador á banda inferior da pantalla. Ubuntu 16.04 Desktop virá con Unity 7 pero co Unity 8 como opcional. Un dos grandes cambios visuais para esta versión é a capacidade de mover a posición do Iniciador ao fondo da pantalla. Aínda que non se fará de xeito doado para os usuarios básicos xa que haberá que tocar o editor da configuración. Alternativamente podemos instalar programas como Unity Tweak Tool para facer este e outro axustes.

Libre Office

LibreOffice 5.1 vén cun feixe de melloras, entre outras:

  • LibreOffice trae como predeterminado o tema Breeze de Ubuntu.
  • Mellora no guionizado (scripting) de Python e nas interfaces de programación de aplicativos (bindings).
  • Compatibilidade para WebDAV vía HTTPS.

Writer word processor

Engadida a posibilidade solicitada por moito tempo de agochar os espazos baleiros entre páxinas de xeito que todos os bordos superiores e inferiores das páxinas, os números de páxina e a área en gris entre elas poida ocultarse.

A combinación de correspondencia (mailmerge) in Writer pode usar follas de cálculo como orixe de datos http://vmiklos.hu/blog/mail-merge-embedding.html

E se xa decidiches anovar ou instalar o Ubuntu 16,04:

  • Vai a Software e actualizacións nos axustes do sistema.

    ubuntu_16.04_gnome-software

  • Selecciona a terceira lapela chamada Actualizacións.
  • Activa a opción «Notificarme de novas versións de Ubuntu» no menú despregábel e selecciona «Para calquera versión».
  • Preme Alt+F2 e escribe «update-manager» (sen comiñas) na caixa de ordes.
  • O xestor de actualizacións debería abrir e informar de que está dispoñíbel a nova distribución 16.04 LTS.
  • Preme Anovar e sigue as instrucións da pantalla.

Se non aparece ese aviso podes tentar forzar a anovación desde a liña de ordes executando:

sudo do-release-upgrade

LibreOffice 5.1

lo51-starsmallA Document Foundation anuncia LibreOffice 5.1, unha completa suite ofimática de código aberto ao mesmo nivel con calquera produto da mesma categoría mentres mantén funcionalidade superiores para a interoperabilidade dos sistemas e traballos.

LibreOffice 5.1 vén cunha reorganización completa da interface de usuario, varias melloras en funcionalidades dirixidas ao despregamento en empresa: mellor compatibilidade para a interoperabilidade co estándar ODF 1.2, interoperabilidade con formatos de documento privativos e xestión sobre servidores remotos.

Por suposto, tamén ofrece unha interface 100% en galego e ferramentas para traballar coa nosa lingua: corrector, guionizador e dicionario de sinónimos.

Aquí tedes unha lista das melloras.

 

Os fillos de OpenOffice.org: OpenOffice 4.0 e LibreOffice 4.1, facéndose maiores

openoffice-orgA Fundación Apache anuncia a publicación da súa edición 4.0, que é a primeira versión pública desde hai 18 meses cun feixe de novidades entre as que salienta a nova barra lateral herdada da suite de IBM Lotus Symphony e melloras no tratamento de ficheiros antigos, gráficos e imaxes que se integran respectando transparencias, fondos e novas funcións de compatibildade da folla de cálculo, entre outras moitas que recomendamos consultar consultar na Nota de edición

Ao grupo de tradución ao galego prácelle anunciar que está dispoñible para o seu uso coa interface 100 % traducida ao galego e que se pode descargar desde o web oficial do proxecto que xa integra a nova imaxe de marca desta suite que foi durante moitos anos a principal referencia de software de produtividade ofimática de código aberto.

Pola súa parte, The Document Foundation, responsable da suite libre de oficina LibreOffice, tamén publica a súa nova versión 4.1 que incorpora melloras para a compatibilidade entre ficheiros de formato privativo e un gran número de novas funcionalidades como a rotación de imaxes, o asistente de creación de álbums de fotos e a moi agardada incorporación dos tipos de letra no ficheiro de exportación para evitar desaxustes de presentación cando se abren os documentos noutros equipos distintos do que utilizamos para crear documentos e arranxos derivados da caza de erros que tivo lugar durante este pasado mes.

Todo está perfectamente explicado na páxina de funcionalidades da 4.1 e no wiki de LibreOffice que mantemos os membros o NL galego. Os usuarios galegos tamén teñen á súa disposición LibreOffice traducido completamente nesta nova versión e para calquera dos principais sistemas operativos de escritorio: Linux, Mac e Windows

Para seguir o día a día de ambos proxectos, podedes consultar o blog local de LibreOffice e OpenOffice

Facéndose maiores… fronte a unha competencia estancada

 

Xunto coa LibreOffice 4.0.4 (derradeira) a TDF presenta o Concurso de Caza de Erros

Berlin,19 de xuño, 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.0.4, para Windows, OS X e Linux, a cuarta versión menor da familia de LibreOffice 4.0 e a derradeira antes do anuncio da gran LibreOffice 4.1 a finais de xullo.

100px-BugHuntingA TDF ofrece premios a aqueles que colaboren na descrición de erros que se poidan atopar nas versión en desenvolvemento. Nin sequera hai que atopalos, xa están, confirmalos e describilos para que poidan ser reproducibles e cazados polos desenvolvedores. Anímate!

LibreOffice 4.0.4 acada moitas melloras na área de interoperabilidade con formatos de documentos privativos. Esta actividade constante está sendo un bo instrumento para a elección de LibreOffice por todos os grandes proxectos de migración desde principios de 2012, o que inclúe a de varios gobernos centrais e locais en Europa e Suramérica.

LibreOffice 4.0.4 resolve tamén un número de erros e regresións máis quea edición previa, grazas ao traballo dos voluntarios de aseguramento da calidade (QA) . Hoxe ten lugar o lanzamento da campaña que Bug Triage Contest que durante os vindeiros 15 días preparará a publicación de LibreOffice 4.1. Os detalles aquí:

https://wiki.documentfoundation.org…

- Os 5 maiores probadores – entre os que xa son coñecidos – e os primeiros 10 novos colaboradores gañarán unha camiseta oficial da TDF/LibreOffice.

Máis detalles en [LibO] LibreOffice

The Document Foundation anuncia LibreOffice 4.0.3

Berlín, 09 de maio de 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.0.3, para Windows, OS X e Linux, a terceira versión menor da familia de LibreOffice 4.0. os paquetes para OS X de Intel están asinados por The Document Foundation, para pasar o control de seguranza (Gatekeeper) de OS X sen intervención do usuario. Por outra banda, outra gran migración a LibreOffice se anuncia, xa que o goberno da Comunidade Autónoma de Estremadura de España acaba de comezar a mudar a software libre os (…)


[LibO] LibreOffice

LibreOffice 4.0

Despois de varios meses de intenso desenvolvemento, acaba de chegar a nova serie 4 de versións da suite ofimática LibreOffice.

A suite conta cunha completa localización en galego realizada polo Galician Native Lang Team polo que os usuarios galegos terán á súa disposición unha das ferramentas máis transversais e importantes producidas polo sector do software libre, na nosa lingua e de balde.

Son moitas as novidades que trae esta versión (que se poden consultar aquí https://wiki.documentfoundation.org/ReleaseNotes/4.0/gl) pero só é o principio xa que tras os profundos cambios no código, nas vindeiras versións haberá un ritmo aínda máis acelerado de mellores e novas funcionalidades.

Recoméndase que só os usuarios que se consideren avanzados substitúan as súas versións da serie 3.6 por esta versión 4.0 xa que ao haber tantas diferenzas de fondo e ser a primeira versión desta serie non se considera “madura” para traballar en entoros críticos.

Cómpre lembrar que aínda non hai 2 semanas saíu a última versión da serie 3.6, a 3.6.5 que é unha excelente versión, moi madura e moi estable para o traballo intensivo. Pódese obter aquí
http://gl.libreoffice.org/descarga/?type=win-x86&lang=gl&version=3.6.5

O equipo galego está sempre aberto á colaboración de quen queira participar en calquera das áreas de traballo abertas: desenvolvemento, dinamización, tradución, materiais e recursos didácticos, organización de actividades, etc.

Os usuarios podedes realizar consultas ben nas listas de correo do proxecto galego de LibreOffice (users@libreoffice.org) ou comentando calquera incidencia tanto no blog de coordinación (http://blog.openoffice.gl) como no web de Proxecto Trasno.

1 2