Galpón organiza os obradoiros «Sábados libre na Altamar»

galponTras buscar onde facer algún obradoiro, atopamonos coa Colaboración da Asoc. Xuvenil Altamar, da Residencia Altamar (As Travesas) que depende da Xunta de Galicia, nuns locais da propia Residencia que nos permiten argallar un pequeno ciclo de obradoiros aos que chamamos «Sábados libres na Altamar».

Mapa en Google Maps

Programa previsto

 

Maio, sábado 25

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30

Arduino 1 – Programación de Arduino

Xuño, sábado 29

horario: de 10:30 a 13:30

→ Creación dun NAS con OpenMediaVault sobre Raspberry Pi (Base de traballo do minino-nas-4rpi)

horario: de 16:30 a 19:00

→ Creación dun «Centro multimedia» con OpenElec sobre Raspberry Pi

Setembro, sábado 28

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30

Bash + Vi – Iniciación á programación de bash scripting

Variábeis, «case» e «if», bucles «for» e «while», funcións, …

Outubro, sábado 26

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30

Arduino Connect

Obradoiro práctico para a conexión da plataforma Arduino a diferentes tipos de rede: Bus-Can, Bluetooth, Ethernet, Wifi, …

Novembro, sábado 30

horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 19:30

Uso avanzado de Vi

Notas:

1.- Nas datas previas a cada obradoiro, publicaremos no wiki o detalle de cada programa e o horario exacto.

2.- Para comer temos localizado un sitio próximo no que se come razoabelmente ben e a prezo axustado.

3.- Tras o remate de cada xornada, desprazarémonos ata un bar/cafetería próximo a tomar as cañas/refrescos/cafés de rigor dunha galponada.

II Congreso de Software Libre para a Educación

O vindeiro día 1 e 2 de xullo terá lugar no CAFI de Lugo o II Congreso de Ciencia para a Educación organizado pola Asociación Instituto Galego de Ciencia no que terán lugar relatorios sobre o software libre útil nas materias de ciencias e tecnoloxía. Despois do éxito de convocatoria e participación da súa primeira edición o ano pasado, agardamos que sexa unha ocasión para ir consolidando esta iniciativa de formación e divulgación que se viña botando a faltar.

Primeiros relatorios confirmados.

Lugar de celebración  CAFI. O Centro Autonómico de Formación e Innovación en Santiago Días 1 e 2 de xullo de 2013. Duración 16 horas.
Obradoiro de Youtube Susana Vázque e Xacobo del Toro
Plataformas libres para unha teleformación con calidade certificada. Roberto Brenlla (Tegnix)
Estatística con Scilab. Consuelo Castro (IES de Trasancos)
Relatorios colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA)
  • Abalar: sistemas informáticos da Amtega.

    Relator: Pablo Nimo Liboreiro.Temática: sesión sobre as licenzas Copyleft e Creative Commons e a súa aplicación en Abalar. Sesión semellante á ofrecida o ano pasado na Xornada de Lugo, pero ampliada coa información empregada na intervención realizada na Libre Software World Conference 2012 sobre como está montada e soportada toda a estrutura Abalar baixo o sistema Puppet e a sostenibilidade económica.

  • Abalar: caso de éxito de centro educativo.Centro educativo: CEIP Ramallosa (Teo, A Coruña). Relatores:  Francisco Nanín Castro e Benxamín Salgado Gómez.Temática: exposición dun caso real de utilización do equipamento Abalar incorporado ao proxecto educativo de centro.
  • Oficina de coordinación de Software Libre.Relator: persoal da Amtega.Temática: Realizar unha sesión específica sobre Software Libre a cargo da Oficina de Coordinación de Software Libre da Amtega, dando a coñecer os seus obxectivos e servizos ofrecidos:
      • Plan de Acción en Software Libre 2013
      • Procedemento de liberación e políticas de reutilización da Xunta de Galicia.
      • Ferramentas de xestión de proxectos dispoñibles na forxa mancomun.org
      • Licenciamento e propiedade intelectual no Software Libre.
      • Estándares abertos e interoperabilidade.
      • Outros servizos da Oficina de Software Libre: asesoramento, difusión do SwL na administración.
  • Rede CeMIT.Relator: persoal da AmtegaTemática: A rede CeMIT. Evolución a Software Libre seguindo o modelo Abalar. Funcións da rede CeMIT e difusión do SwL á cidadanía
  • Outros relatorios
  • Obradoiro de ExeLearning por Pilar Anta -do IES de Sabón (Arteixo) e da UDC
  • Obradoiro de Geogebra e Arte dentro do ano de Arte e Ciencia de Igaciencia. Manuel Díaz Regueiro (Igaciencia)
  • Obradoiro de Maxima. Mario Rodríguez Riotorto
  • Mesa Redonda sobre EPUB 3, as súas posibilidades, o futuro dos libros escolares dixitais, e a interactividade con HTML5. Como integrar unha calculadora -e máis- nun libro dixital. Membros da mesa: Francisco Botana (UVigo), Manuel Díaz (Igaciencia),…
  • Solicitada Homologación á Consellería de Educación por 16 horas. Podese presentar comunicacións ao Congreso.
  • Colaboran: Consellería de Educación, AMTEGA, Educa Barrié
  • Para saber máis Software libre na educación

V ETSE Open de SL /Fiadeiro de localización de software libre

(Desde Mancomun.org) A comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC desenvolverá o V ETSE Open de SL / Fiadeiro de localización de Software Libre en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística da USC e co Proxecto Trasno.

Os docentes serán Enrique Estévez Fernández, coordinador do equipo galego de localización dos produtos de Mozilla e Antón Méixome, lingüista e coordinador do equipo galego de localización de OpenOffice e LibreOffice.

Igual que nas anteriores edicións o obxectivo principal é promover o uso e coñecemento do software libre e da lingua galega na comunidade universitaria da USC a través da localización ao galego de aplicativos libres.

O fiadeiro está aberto a toda a comunidade universitaria da USC: alumnado, PDI e PAS, e ten un prezo simbólico de 10€. Os requisitos para participar son moi básicos, un nivel de inglés básico acorde co adquirido nos estudos de bacharelato, un nivel de galego acorde co adquirido nos estudos de secundaria, Celga 4 ou Perfeccionamento e un nivel de informática básico.

Conta con 20 prazas e para todos aqueles interesados xa está aberto o prazo de matriculación ata o vindeiro 22 de abril a través da Secretaría Virtual da USC.

O fiadeiro divídese nunha primeira parte de formación teórica-práctica onde o profesorado explicará como se localiza software dun xeito moi práctico o que dará pé a explicacións e resolución de dúbidas; e unha xornada de localización e lecer de 7 horas continuadas , onde os asistentes poñerán en práctica individualmente ou por parellas todos os contidos aprendidos traducindo conxuntos de cadeas dos aplicativos seleccionados:

O fiadeiro terá lugar na Aula I1 da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (Campus Vida, Santiago de Compostela). os días:

  • Xoves 25 de abril, de 12:00 a 15:00: proceso formativo previo de 3 horas (ferramentas de tradución, metodoloxía, cuestións lingüísticas: memorias de tradución, glosarios…)
  • Sábado 27 de abril, de 10:00 a 19:00 (xornada de tradución ao galego de aplicacións de software libre, baixo a supervisión do profesorado do Fiadeiro, con pequenos descansos de lecer e xantar incluído.)

O sábado 27, dado que se trata dunha actividade continuada desde as 10 ata as 19 horas, haberá petiscos, bebidas e música para facer descansos a media mañá e a media tarde. Haberá tamén un lixeiro xantar común ofrecido pola organización.

Recoñecementos e premios

  • 1 crédito de libre configuración curricular para todas as titulacións de 1º e 2º ciclo.
  • Está solicitado o recoñecemento como competencia transversal para os graos
  • Diploma de asistencia á actividade (por 12 horas). Haberá controis de asistencia en todas as sesións. Cómpre acreditar a asistencia ao 80% das horas.
  • Constancia da experiencia de tradución da aplicación encomendada.
  • Constancia nos créditos do aplicativo localizado dos seus autores ou autoras.
  • Premio “Máis e mellor” para o equipo que traduza máis cadeas e con mellor calidade: un diploma acreditativo e unha dotación económica de 0,10 euros por palabra única traducida correcta. O premio farase público no mes de maio de 2013.
1 2 3 4 5 7