Mozilla Firefox 17 en galego

Versión tras versión o equipo de localización ao galego, coordinado por Enrique Estévez, consegue o navegador Mozilla Firefox na nosa lingua.

Mozilla Firefox, o máis popular navegador de software libre, tráenos unha boa cantidade de novas características. A principal delas é un sistema de bloqueo que impide que os engadidos se executen sen o permiso do usuario, co cal se garante máis seguridade grazas a que os engadidos desactualizados ou vulnerables non se executan. Ademais disto, implementa melloras na barra de favoritos, perfeccionando as súas iconas, fornecendo máis ferramentas de desenvolvemento e con melloras na implementación dos estándares web.

Descarga

O Firefox 17 está dispoñíbel para Linux (recomendado), Mac e Windows. Ademais de na nosa, pódese descargar en 88 linguas máis!. Conségueo na páxina Mozilla Firefox e comézao a empregar:

Colabora!

Térmolo Mozilla Firefox e Mozilla Thunderbird, así como o resto de aplicativos de software libre en galego, é froito do esforzo de voluntarios que nos adicamos a traballar por conseguir isto. Axúdalle ao grupo de localización ao galego de Mozilla a seguir traducindo cada lanzamento á nosa lingua. Únete!.

Novo Firefox 15

Logotipo FirefoxA Fundación Mozilla e o equipo de localización ao galego dos produtos da Fundación Mozilla infórmanos desta nova versión na que dende agora colabora a Oficina de Software Libre do CIXUG, patrocinando unha parte do traballo. Esta versión é o último froito da nova estratexia de desenvolvemento áxil que entrega constantes novidades e melloras aos 450 millóns de usuarios do navegador libre, practicamente ao ritmo de unha por mes.

De feito, xa están andando o camiño desde as temperás versións alfa a beta os vindeiros Firefox e Thunderbird números 16 e 17, como se pode comprobar no seu calendario de publicacións previstas.

Volvendo á versión 15 que nos ocupa hoxe, engádese funcionalidade de fábrica para lectura e manexo de PDF, directamente e sen complementos e a compatibilidade coa versión 3 do protocolo de rede SPDY, que se está a converter nun novo estándar para unha navegación máis rápida entre os xigantes da Rede, así como melloras no motor WebGL que nos ofrecen entre outras cousas un mellor rendemento na compresión de texturas. Naturalmente isto só constitúe a parte das melloras que máis van axudar o usuario final pero ademais a versión 15 trae melloras que serán especialmente útiles para desenvolvedores e deseñadores de contidos web.

Pode obter a súa copia libre do Firefox en galego desde http://www.mozilla.org/gl/firefox/new/ ou http://www.mozilla.org/gl/firefox/fx/

Ou se lle interesa actualizar a súa versión do xestor de correo, probe o novo Thunderbird 15 que trae consigo como novidades: a conversa multicanle, a importante protección contra o seguimento da nosa navegación na rede, aumento das opcións de compartir ficheiros -desde agora engádese a compatibiliade con Ubuntu One e YouSendIt- ou o novo estilo de interface dos produtos da Mozilla Foundation.

Descargar o Thunderbird http://www.mozilla.org/gl/thunderbird/

E tamén pode participar no desenvolvemento dos programas de múltiplas maneiras: aínda que non saiba programar nin un bit, pode colaborar probando as súas novas funcionalidades, informando de erros para axudar a realizar axustes, detectando erros da tradución, difundido no seu entorno as novas versión ou axudando a traducir as páxinas informativas para os usuarios.

O equipo galego, coordinado por Enrique Estévez e a Fundación Mozilla están sempre dispostos a recibir a opinión dos seus usuarios e abertos á colaboración. Non dubide en aproveitar a ocasión: http://input.mozilla.org/gl/feedback

Proxecto Trasno é a entidade sen ánimo de lucro da comunidade que sostén desde hai anos os esforzos do equipo galego para o mantemento da galeguización desde proxecto de software libre.

 

Mozilla Firefox 4 en galego!

Mozilla Firefox 4 está dispoñíble dende onte para a descarga. Logo de meses de traballo e varias versións de proba, o nevegador libre máis popular avanza a unha nova versión na que se inclúen importantes melloras.

Grazas ao esforzo do equipo de tradución de Mozilla ao galego, esta nova versión sae, de novo, totalmente na nosa lingua. Dende o equipo de Mozilla ao galego tamén nos chega o traballo no engadido de corrector ortrográfico, que nos últimos meses recibiu importantes melloras no seu funcionamento. Os nosos parabés aos voluntario/as do proxecto!.

Só incidir, que os esquipos de localización precisan de máis voluntarios, tamén o de mozilla. Anímate a contribuír e contacta connosco.

+ info do lanzamento aquíDescarga dende aquí o Firefox 4. 

Traducións dos productos Mozilla

O grupo de tradución ao galego dos aplicativos de Mozilla ven de publicar na súa web (http://galician.mozdev.org/) as ligazóns das vindeiras versións (aínda en probas) do Thunderbird e Firefox.

Co cambio da coordinación (hai xa máis de 6 meses), agora a cargo de Enrique Estévez Fernández, os de Mozilla estanlle a pór as cousas difíciles, máis a tradución de ámbolos produtos a día de hoxe, está ao 100% grazas ao mantemento realizado polo coordinador desde que asumiu a coordinación, este é quen está a soportar practicamente todo o traballo de mantemento das traducións, xestión, contacto cos de Mozilla…

Actualmente pode ollarse que as traducións están libres de erros, isto pode verse na propia páxina de Mozilla http://l10n.mozilla.org/webdashboard/?locale=gl.

Con toda esta gran labor esperamos que os de Mozilla respondan e poidamos dispor das vindeiras versións do Firefox e máis do Thunderbird en galego nos paquetes oficiais.

1 2