Proxecto Trasno presenta o novo GNOME 3.20

Publicamos o novo GNOME 3.20 en galego

O Proxecto GNOME comprácese en presentar a nova versión de GNOME, a 3.20, completamente traducido ao galego. Esta nova publicación ven cargada de novidades no software e tamén dun gran traballo de tradución, xa que mantemos o nivel de tradución da interface no 100%.

GNOME 3.20 é a última versión de GNOME 3, resultado de 6 meses de duro traballo da comunidade de GNOME. Contén importantes características novas, así como de pequenas melloras e arranxos de erros. En total, esta publicación incorpora 28933 cambios realizados por 837 contribuidores aproximadamente.

Ampliar información en GNOME en galego

Día da lingua materna, fálalle galego, comunícate libremente

Dia_lingua_materna

Para que as novas xeracións e as futuras que están por vir teñan a oportunidade de utilizar o noso idioma cos medios que hoxe se utilizan, nós tamén nos sumamos ao Día da Lingua Materna.

Traballamos agora e sempre para que sexan libres e orgullosos falantes, escribentes, fotógrafos, matemáticos, físicos, deportistas, viaxeiros, astrónomos, funcionarios, xente da súa casa, para todas e todos.

O software libre é o voso aliado para utilizar o galego. En galego somos donos do noso, somos máis libres.

Os trasnegos

LibreOffice 5.1

lo51-starsmallA Document Foundation anuncia LibreOffice 5.1, unha completa suite ofimática de código aberto ao mesmo nivel con calquera produto da mesma categoría mentres mantén funcionalidade superiores para a interoperabilidade dos sistemas e traballos.

LibreOffice 5.1 vén cunha reorganización completa da interface de usuario, varias melloras en funcionalidades dirixidas ao despregamento en empresa: mellor compatibilidade para a interoperabilidade co estándar ODF 1.2, interoperabilidade con formatos de documento privativos e xestión sobre servidores remotos.

Por suposto, tamén ofrece unha interface 100% en galego e ferramentas para traballar coa nosa lingua: corrector, guionizador e dicionario de sinónimos.

Aquí tedes unha lista das melloras.

 

Asemblea da AC Proxecto Trasno en Pontevedra

O vindeiro día 13, sábado, terá lugar a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria de socios en Pontevedra. A hora de convocatoria é ás 10.00 h en primeira convocatoria e ás 11.00 en segunda.

A Orde do día é a seguinte:

  1. Lectura e aprobación de actas anteriores
  2. Informes
    1. Actividades
    2. Económico
    3. Presidencia
  3. Aprobación de plan de actividades
  4. Rolda aberta de intervencións

Mapa de localización

[mapsmarker marker=”1″]

Xa na sesión da tarde, que terá lugar a partir das 15.30 faremos unha sesión de traballo, unha das nosas “trasnadas” nun local próximo e aberto ao público: no local que nos cede a FANPA .

[mapsmarker marker=”2″]

1 6 7 8 9 10 26