MeeGo acada o 100% na súa localización ao galego da man de Proxecto Trasno

MeeGo-1O núcleo de MeeGo o S.O. libre para equipos portátiles dos tipos netbook, smartphone, integrados en vehículos,  etc… que ven ser o proxecto resultante da fusión de Moblin (Intel) e Maemo (Nokia), hospedado pola Linux Foundation, ven de quedar traducido ao 100% ao galego.

Salientar que, neste momento, o galego é o unico idioma que acada a súa total tradución.

A tradución de MeeGo levase da man do seu coordenador, Felipe Xil, desde Proxecto Trasno e nel colaboran Xose Calvo e Miguel Anxo Bouzada. Traducese a traves dunha interface en “Transifex” que permite o traballo en local, co que resulta moi doado e sinxelo o seu mantemento.

Só nos queda agardar que integren o antes posíbel este traballo nas actualizacións da actual versión 1.0

Engadir que a empresa lider en telefonía mobil no noso estado (e nalgúns outros) vai dar apoio a plataforma MeeGo

Parte do exito da tradución correspondelle ao equipo de Gnome, xa que MeeGo emprega actualmente este contorno, aínda que está a traballar tamén nun contorno baseado en KDE/Qt empregando Plasma

 

O novo Proxecto Trasno

Despois de 10 anos traballando a prol do software libre en galego (SwL, en diante) ou, se preferides do galego no SwL, despois de constituír a  Asociación  que represente legalmente ao voluntariado, cando sexa necesario, chegou o momento de presentar unha imaxe máis acorde cos tempos, de aí este novo web. Pero non é unha nova cara para os mesmos contidos, xa que incorporamos novas ferramentas e novas maneiras de establecer comunicación cos usuarios e entre os tradutores… que no fondo é o que serviu de catalizador para constituír a  Asociación . As novas ferramentas son o TiBoXeGlósima, delas falaremos despois; entre os novos medios están o noso foro, os perfís en Facebook, Twiter, Latri.ca e en Identi.ca. Pero seguimos tamén coa  lista de correo  que  funcionou ata agora  como canle principal.

Incorporamos tamén blogs para cada proxecto de tradución, nos que os seus coordinadores poderán ir informando de cada paso, temos tamén unha plaforma de tradución en liña (Pootle) e unha wiki  máis estensa e mellor artellada que a que viñamos utilizando; nela xa engadimos moita documentación útil para os tradutores, e máis que seguiremos a xerar.

 

TiBoXe do que falabamos antes é unha ferramenta libre (GPL) de consulta de terminografía informática, nacida no seo de Proxecto Trasno; o desenvolvedor principal é Fran Diéguez, coordinador do equipo de tradución de GNOME. Este aplicativo web aliméntase do traballo xa feito, das memorias de tradución de cada versión e dos glosarios lexicográficos xerados con elas. Para os máis técnicos diremos que é unha interface de corpus de traducións de software.

O  Glósima do Proxecto Trasno é un servidor de terminoloxía en web para o debate e a fixación terminolóxica ao servizo dos tradutores de software. Daquela, é un servizo complementario do TiBoXe. Con el pretendemos recuperar e sistematizar o inmenso traballo de afinación da terminoloxía da localización (adaptación) ao galego, tanto a elaborada polo propio Proxecto Trasno como por todos aqueles que se preocuparon con esta cuestión ao longo de máis de 15 anos. Hai miles de termos e miles de horas de esculca e debate para compendiar, moitos deles que foron estudados exclusivamente por tradutores vinculados ao Proxecto Trasno.  O sistema permite a definición de glosarios por idioma/s, ámbito e mesmo o grao de complexidade dun glosario; como servizo de comunidade xestiona o debate ata chegar a unha solución neolóxica que pretende servirlle ao tradutor como referencia de autoridade colectiva. Tamén así pretendemos facilitar o traballo dos investigadores do idioma e dar a coñecer a realidade de que o galego é unha lingua vivísima e perfectamente capaz para ser utilizada no sector tecnolóxico, que non ten máis problemas dos que calquera outra lingua de cultura ao enfrontarse ás últimas tecnoloxías da sociedade da información. Por estas razóns o sistema é necesariamente complexo e, neste momento está dando os seus primeiros pasos. O traballo principal recae en Leandro Regueiro,  J. Chaves e Antón Méixome, coordinador do proxecto galego de OpenOffice.org. Esta ferramenta tamén é libre (GPL) e todo o contido que aloxa fai parte libre da cultura en galego.

Agardamos que este traballo dea o seu froito, séndolles útil ás persoas para ás súas necesidades de presente, de futuro; para todos e todas  fornecemos aplicativos populares e de calidade contrastada. O Proxecto Trasno é agora máis aberto, máis funcional e máis interoperable, con fe anovada no software libre e na forza do traballo colaborativo.

L’Academia de la Llingua Asturiana pásase al software llibre

4743Según acaba de dar anuncia la insitución, les sos instalaciones acueyen yá pal so sistema informáticu, el sistema de software llibre UBUNTU, qu’ufre la posibilidá d’usase n’asturianu. P’asoleyar esta decisión, la Presidenta de l’Academia de la Llingua Asturiana desplicaba esti día les posibilidaes d’emplegu informáticu d’UBUNTU n’asturianu y les razones de la decisión d’acoyer esta ferramienta informática nel Hotel Principado, n’Uviéu.

Nel actu tuvieron presentes representantes de Softastur y de l’Academia de la Llingua Asturiana, acompañaos por David Planellas, coordinador de les traducciones d’Ubuntu a nivel internacional, que cifró nun 80% los conteníos que yá tienen traducción al asturianu, porcentaxe a partir del cual vien considerándose completa una versión.

Íñigo Varela, de Softastur, desplicó tamién nel actu’l funcionamientu del software llibre Ubuntu, semeyante y perfectamente compatible con cualquier aplicación de Windows, el sistema operativu de Microsoft, señalando qu’Ubuntu permite la llectura de cualquier tipu de ficheru musical o de videu, el procesu de cualquier documentu de testu en cualquier archivu, la xestión de fueyes de cálculu, o la busca de conteníos per internet col programa Firefox.

L’actu finó con una demostración práutica del funcionamientu n’asturianu d’UBUNTU que ficieron miembros del coleutivu Softastur.

Nova orixinal

Contorno de escritorio GNOME

Que é GNOME?

Logo de GNOME GNOME é un entorno de escritorio para plataformas Unix|Linux, empregando como base as librerías GTK+ o que permite ter un entorno amigable e sinxelo para o usuario. Este escritorio ten unha competencia amigabel con KDE, que é outro escritorio moi importante no software libre. Os dous traballan concienzudamente para mellorar as prestacións para os usuarios e para os desenvolvedores de aplicacións; cada 6 meses GNOME lanza unha nova versión do seu escritorio con melloras e correción de erros. GNOME ten unhas aplicacións importantes dentro do seu proxecto pero que non forman parte do seu sistema base como pode ser o GIMP, programa de manipulación de imaxes, Anjuta, IDE de programación….

Aquí embaixo podedes ver algunhas capturas de pantalla do que ven sendo un escritorio de GNOME:



pantallazo2.jpg

two-thirty

Quen coordina o grupo galego?

O coordinador actual do grupo de tradución a galego é Fran Diéguez. Podes contactar con el no seu enderezo de correo electrónico.

Como podo axudar?

Se queres colaborar na tradución dalgún paquete,terás que contactar co coordinador para que faga a asignación. Non esquezas mirar a páxina de recursos para os tradutores.

Tamén é importante a axuda dos que comunican os erros de tradución. Se atopas un, escribe ao coordinador, á lista, ou mesmo no bugzilla de GNOME.

Que hai mal na tradución?

Este apartado da páxina é para que o editedes. Para que poñades todos os erros, ou cousas que pensades que poderían estar mellor na tradución dalgún programa.

Memorias de tradución

Na seguinte páxina podedes atopar as memorias de tradución de Gnome.

Estado da tradución

Se tes interese de ver o estado actualizado das traducións podes pasarte por http://l10n.gnome.org/teams/gl

Táboas de estatísticas:

  • Gnome 3.0 – versión de desenvolvemento
  • Gnome 2.30 – versión estábel actualmente (marzal de 2010) co 100% de tradución realizada
  • Gnome 2.28 – versión obsoleta co 99% de tradución.
  • Extras/Fifth toe/Office: Programas que forman parte do proxecto GNOME pero que non son parte do sistema base: Opcionais

Historia do grupo de tradución

  • Setembro de 1999: O equipo de traducion galego fíxose oficial no GNOME Translation Project, con Jesús Bravo Álvarez como primeiro coordinador.
  • Abril de 2001: Apareceu a versión 1.4 de GNOME, a primeira con soporte parcial de galego.
  • Xuño de 2005: Nacho tomou a tarefa de coordinación, tras varios meses como principal contribuidor de traducións.
  • Setembro de 2005: Aparece GNOME 2.12, a primeira versión completamente soportada en galego.
  • Marzo de 2006: Sae GNOME 2.14, versión totalmente actualizada e corrixida.
  • Outubro de 2006: Traducida a versión de GNOME 2.16.
  • Marzo de 2007: Gnome 2.18; Como sempre Gnome segue estando traducido ao galego.
  • […]
  • Febreiro de 2010: Fran Diéguez toma o relevo da coordinación do GNOME logo de ter colaborado no proxecto por algo máis de 2 anos.
1 23 24 25 26