LibreOffice 4.0.4 (derradeira) e Concurso de Caza de Erros

Berlin,19 de xuño, 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.0.4, para Windows, OS X e Linux, a cuarta versión menor da familia de LibreOffice 4.0 e a derradeira antes do anuncio da gran LibreOffice 4.1 a finais de xullo. LibreOffice 4.0.4 acada moitas melloras na área de interoperabilidade con formatos de documentos privativos. Esta actividade constante está sendo un bo instrumento para a elección de LibreOffice por todos os grandes proxectos de migración desde principios de (…)


[LibO] LibreOffice

The Document Foundation anuncia LibreOffice 4.0.3

Berlín, 09 de maio de 2013 – A Document Foundation (TDF) anuncia LibreOffice 4.0.3, para Windows, OS X e Linux, a terceira versión menor da familia de LibreOffice 4.0. os paquetes para OS X de Intel están asinados por The Document Foundation, para pasar o control de seguranza (Gatekeeper) de OS X sen intervención do usuario. Por outra banda, outra gran migración a LibreOffice se anuncia, xa que o goberno da Comunidade Autónoma de Estremadura de España acaba de comezar a mudar a software libre os (…)


[LibO] LibreOffice

Publicada Debian 7.0 Wheezy

keepcalmDespois de moitos meses de constante desenvolvemento, o proxecto Debian comprácese en presentar a súa nova versión estábel 7.0 (nome en clave «Wheezy»).

Esta nova versión de Debian inclúe varias características interesantes como a compatibilidade multi-arquitectura, varias ferramentas específicas para implementar nubes privadas, un instalador mellorado, e un conxunto completo de códecs multimedia e interfaces que eliminan a necesidade de repositorios de terceiros.

A compatibilidade «Multiarch», un dos principais obxectivos da publicación da «Wheezy», permitirálles aos usuarios de Debian instalar os paquetes de múltiplas arquitecturas no mesmo equipo. Isto significa que vostede agora pode, por primeira vez, instalar de vez software de 32 e 64 bits no mesmo equipo tendo resoltas correctamente todas as dependencias pertinentes, de xeito automático.

Galeguizando Debian

Mellorouse moito o proceso de instalación: Debian agora pode ser instalado empregando software de fala, especialmente, polas persoas con discapacidade visual que non empreguen un dispositivo Braille. Grazas aos esforzos combinados dun gran número de tradutores, o sistema de instalación está dispoñíbel en 73 idiomas, incluído o galego, e máis dunha ducia deles están dispoñíbeis tamén para a síntese de voz.

Sendo Debian «a nai do año» primordial, a fonte limpa da localización dos sistemas GNU/Linux de nonde beben moitas distribucións como Ubuntu resulta especialmente importante o nivel de galeguización que se acada nesta distribución para ter un SO libre totalmente galeguizado. Tamén é unha das comunidades máis esixentes á hora dos procesos administrativos, dos controis de calidade, da terminoloxía e do estilo do galego no ámbito informático.

O magro equipo galego está actualmente coordinado por Jorge Barreiro e composto fundamentalmente por trasnegos que están facendo todo o posible por elevar o nivel de cobertura do galego.

Podemos consultar algunhas estatísticas do proxecto a día de hoxe:

Nivel de localización dos ficheiros PO dos distintos paquetes : 30%, posto 22 internacional

Nivel de localización dos modelos de ficheiros de configuración (Debconf) xestionados con Gettex :   71%, 13 posto internacional

Nivel de localización dos ficheiros PO de documentación xestionados con po4a: 1%, posto 14 internacional

–  Nivel de localización dos ficheiros de descrición (DDTP): todo por facer

Galeguización do website:  0,2 %

Instalador de Debian: 100%

Como colaborar?

Debian é unha distro xestionada exclusivamente por voluntarios e para obter o SO nun determinado idioma cómpre constituír un equipo e organizar unha xeira de traballo. Non abonda con simplemente traducir un ficheiro xa que hai que ter os medios para sostelos actualizados e por iso se necesita unha colaboracón de longo prazo, tal como informa Debian International

Máis novidades na Wheezy

Ademais, por primeira vez, Debian admite a instalación e o arrinque empregando UEFI para os novos PC de 64 bits (amd64), aínda que polo de agora sen compatibilidade co «arrinque seguro».

Esta versión inclúe numerosos paquetes de software actualizados.

Debian pode instalarse en computadores que van desde os pequenos sistemas de peto ata os supercomputadores, pasando por practicamente todo o demais. Admite ata un total de nove arquitecturas: 32-bit PC / Intel IA-32 (i386), 64-bit PC / Intel EM64T / x86-64 (amd64), Motorola/IBM PowerPC (powerpc), Sun/Oracle SPARC (sparc), MIPS (mips (big-endian) e mipsel (little-endian)), Intel Itanium (ia64), IBM S/390 (31-bit s390 and 64-bit s390x), e ARM EABI (armel para o hardware antigo e armhf para o hardware máis recente empregando o hardware de punto flotante).

Quere darlle unha oportunidade?

Se simplemente quere probalo sen ter que instalalo, pode empregar unha imaxe especial, coñecida como imaxe en vivo, dispoñíbeis para CD, memorias USB e configuracións de rede. Nun principio, estas imaxes fornécense só para as arquitecturas amd64 e i386. É posíbel tamén empregar estas imaxes en vivo para instalar Debian.

Pode obter máis información na páxina de inicio de [Debian live].

Xornada de traballo no Fiadeiro 2013

O pasado sábado, 27 de abril, estivemos toda a xornada dedicados á formación de novos tradutores na USC. Celebrouse o V ETSE Open de Software Libre, tamén coñecido como Fiadeiro de localización de software libre.

A xornada foi completa e os tradutores amosaron unha rapidísima asimilación do método de traballo e traduciron arreo durante todo o día. Afortunadamente a organización tiña previsto que había que alimentarse e estirar un pouco as pernas así que tamén houbo tempo para o “Open de Chave e Estornela”.

Aquí vos deixamos unhas fotos, de ilustración da xornada e tan pronto como sexa posible informaremos dos resultados que prometen sorprender.

[metaslider id=887]

1 11 12 13 14 15 26