O Ximnasio dos verbos

O Ximnasio dos Verbos, unha aplicación para non lle ter medo aos verbos 

 

Quen non tivo algunha vez dúbidas cos verbos en galego. É durmes ou dormes? Como era o pretérito perfecto de facer? O Ximnasio dos Verbo quere axudar a solucionar estes problemas. Para iso, podes consultar os verbos dubidosos e escoitalos. 

Dámosche sinxelos trucos para que non os esquezas e ofrecémosche diferentes xogos para que os adestres. Esta aplicación sae dun proxecto docente nas aulas de lingua e cultura galegas do Galicien Zentrum da Universität Heidelberg, unha institución que leva máis de 30 anos desenvolvendo as súas actividades sobre Estudos Galegos nas áreas de Filoloxía Románica e Tradutoloxía.

A pretensión desta actividade era dupla. Por unha banda, o alumnado tiña un incentivo claro para se enfrontar á aprendizaxe dos verbos en galego e, pola outra, podería achegar e compartir as súas descubertas durante este proceso. Para finalizar, esta app quere ser o primeiro dos chanzos dunha constelación de ferramentas colaborativas multilingües que incorporen as achegas do propio alumnado e, polo tanto, que se adapten as súas necesidades lingüísticas. Sexan de Galicia ou de calquera outra parte do mundo.

Sería interesante que isto fose un gran de area que contribuíse a aumentar as sinerxías dentro desa gran comunidade afectiva da lingua galega que hai espallada polo mundo.

Licenza: Creative Commons Atribución-CompartirIgual 4.0 Internacional

Descargar e probar!!

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*