A tradución ao galego da Ubuntu 16.04 LTS (Xenial Xerus)

Captura de pantalla de 2016-04-23 00:02:05.pngO equipo galego do UGT (Ubuntu Galician Translators) que se coordina a través da lista de correo https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-l10n-gl mantén o seu traballo de adaptación á nosa lingua local nun dignísimo, extraordinario nivel, entre os 20 primeiros do mundo , por riba de linguas coma o chinés ou o alemán ou o portugués cunhas comunidades de usuarios e colaboradores moito máis numerosas, polo que só cabe dicir que o equipo galego suple cantidade con calidade e esforzo.

Neste sentido cabe salientar o enorme traballo realizado por trasnegos de longo percorrido como Marcos Lans ao que sen dúbida temos que agradecer o seu continuado compromiso.

Naturalmente non se pode esquecer que en Ubuntu, como SO e colección de software feito pola comunidade do software libre conflúe moito do traballo de localización que se fai directamente nos proxectos de orixe dos que se nutre a súa colección: GNOME, KDE, LibreOffice, FSF, Debian, etc.

Sen dúbida, para a explicación non hai mellor que unhas imaxes onde se pode apreciar o mantemento do nivel da tradución completa:

Ubuntu Escritorio

Translations _ Ubuntu 2016-04-24 13-54-20

Aínda así, a recuperación do nivel do 100% de Ubuntu, que agora recolle tanto software tanto do ambiente de escritorio coma do novo sistema móbil como se pode ver non estivo desta volta ao alcance de ningún idioma, nin sequera para a mínima adaptación no caso do inglés británico:

Ubuntu global

Ubuntu16-04language

A cobertura da tradución mantívose moi por riba do 100% ata este último mes onde unha auténtica avalancha de cambios e un pequeno erro na automatización das estatísticas que amosan conxeladas as traducións fixo inviable lograr a tradución completa. Sen dúbida, esas apenas 200 cadeas que faltan corresponden ao software móbil e estarán listas nas vindeiras semanas a través das actualizacións, o que para unha tradución que vai ser vixente durante os vindeiros 5 anos non significa practicamente nada.

O dito, presentamos o traballo do Ubuntu Galician Team (UGT) cun sincero aplauso.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*