A trasnada 14 será en Pontevedra

No Proxecto Trasno continuamos coas xuntanzas que chamamos as «Trasnadas». Nestes xuntas dedicámonos a pechar debates sobre terminoloxía en tradución

de software libre, debater novos eidos de traballo, pero especialmente, recibir a os que queirades comezar a traducir software libre ao galego.

Onde é?

Google Maps 2014-11-17 20-28-29

A oitava trasnada, a Trasnada 14.o será este vindeiro día 22 de novembro no “Centro Social do Gorgullón” na boa vila de Pontevedra, grazas á colaboración da Asociación Veciñal Eduardo Pondal

A sesión da mañá comezará as 10.30 e durará ata a 14.00. Está destinada por unha parte á celebración da asemblea da asociación  e por outro a todos os que estamos no campo de localización e queiramos propoñer ou debater terminoloxía a empregar.

Simultaneamente (de 12.00 a 13.00) ensinaremos como configurar e preparar un proxecto de tradución de software libre, ou resolver dúbidas que precisedes.

En que consiste a trasnada?

A trasnada sérvenos como unha sesión de traballo para lograr acordos e planificar o futuro dos proxectos de localización nos que traballamos (ie., dende Debian, GNOME, KDE a LibreOffice). Como noutras ocasións, e buscando producir traducións de calidade, o tema de debate fundamental será a actualización das normas de estilo e a terminoloxía neste ámbito da tradución.

Por outra banda, será un espazo público ao que se pode achegar quen queira coñecer o proxecto ou colaborar connosco.

DSC_0510

Pódese seguir a través da rede?

Os interesados no evento póden colaborar polas canles IRC do proxecto (#proxectotrasno en freenode). As novas que se vaian producindo iranse subindo aos nosos perfís nas redes sociais (véxase a sección de chíos no web). Estade moi atentos ás redes e animádevos a interactuar connosco ese día! A través delas difundiremos os resultados tanto da asemblea como dos propios debates.

One comment

Comments are closed.