Ubuntu Raring Ringtail 13.04 en galego

Ubuntu-13.04-Raring-Ringtail-1024x952O Proxecto Trasno anuncia a nova versión en galego de Ubuntu, esta vez co tótem «Raring Ringtail» (lémur de cola anelada)  e  que fai o número 13.04, como corresponde coa nomenclatura de “ano.mes” á que xa nos ten afeitos Canonical. A nova versión de Ubuntu saíu ao público o pasado día 25 de maio.

Por suposto, xunto coa Ubuntu propiamente dita publicáronse  Kubuntu, Xubuntu, Lubuntu, e Ubuntu GNOME, a gran novidade, como xa anunciaron desde o equipo de Gnome galego.

Para facer unha visita guiada ás novidade, pódese dar un paseo por aquí: http://www.ubuntu.com/tour/en/

Polo contrario, as novidades pódense apreciar en detalle na nota oficial da versión na que Canonical informa de que esta é a primeira versión en adaptarse ao novo período de 9 meses de asistencia técnica, e non os 18 anteriores, mentres que as versións LTS (Long Term Service)  como a 12.04 última seguirán tendo 5 anos de asistencia.

Os usuarios salientan a mellora espectacular no rendemento ao computador que se acada con esta nova versión

A tradución ao galego

Tamén temos que salientar que a tradución galega acadou un inédito posto 13º na clasificación mundial de cobertura da distribución o que supón subir case 5 postos, de entre os xa máis altos entre todos os idiomas, en só un ano. Hai exactamente un ano estabamos 18º internacional.
http://www.trasno.net/2012/04/node191/

Neste momento somos pois a segunda das linguas ibéricas, por detrás do español e incluído o portugués, cunha galeguización que acadou o 98% do total.

(Premer sobre a imaxe para ver en detalle)

Galego_Ubuntu_RaringDatos: http://91.189.93.79:8081/stats/raring/gl

UGT
Lemur_catta
Imaxe Lemur catta tomada da wikipedia

Malia que xa hai tempo que o equipo galego, especialmente o grupo de Proxecto Trasno, avisamos de que facía falta un relevo na tradución desta importante distribución, a tradución mantense a este algo nivel porque Ubuntu está a herdar o importante traballo que se fai «augas arriba» de Ubuntu, en Debian e moitos outros proxectos, por exemplo. No entanto, nada garante que isto se manteña no tempo, así que outra vez animamos a que os que queiran colaborar contacten co UGT (Ubuntu Galician Translation) para proseguir co traballo.

Non vaia ser que nos pase como ao propio Ring-tailed lemur, en perigo de extinción cando está en liberdade.

Descargar o novo Ubuntu

Para obter unha imaxe ISO apropiada para instalar, pódese ir a

http://releases.ubuntu.com/13.04/

Os galego está inclúído 🙂