A Trasnada 12.1 – O Proxecto Trasno xúntase en Pontevedra

No Proxecto Trasno continuamos coas xuntanzas que chamamos as «Trasnadas», aquelas que, especialmente, en persoa nos permiten axilizar o debate sobre da nova terminoloxía coa que nos atopamos no software libre e fixalo.

Onde é?

A quinta trasnada, a Trasnada 12.1 será este día 13 de outubro no Pazo da Cultura en Pontevedra. Os horarios e outra información sobre do evento tédelos na wiki.

En que consiste a trasnada?

A trasnada sérvenos como unha sesión de traballo para lograr acordos e planificar o futuro dos proxectos de localización nos que traballamos (ie., dende Debian, GNOME, KDE a LibreOffice). Como noutras ocasións, e buscando producir traducións de calidade, o tema de debate fundamental será a terminoloxía neste ámbito da tradución. Desta volta axilizaremos o proceso empregando ferramentas especializadas na xestión de glosario.

Por outra banda, será un espazo público ao que se pode achegar quen queira coñecer o proxecto ou colaborar no detabate terminolóxico.

Pódese seguir a través da rede?

Os interesados no evento póden colaborar polas canles IRC do proxecto (#proxectotrasno en <a=href”http://webchat.freenode.net/”>freenode). As novas que se vaian producindo iranse subindo aos nosos perfís nas redes sociais (véxase a sección de chíos no web). Estade moi atentos ás redes e animádevos a interactuar connosco ese día!.

As presentacións empregadas subiranse ao web con posterioridade e os resultados dos debates terminolóxicos publicaremolos despois da trasnada.

Axúdanos e difunde o evento!.

NOTA: Esta actividade forma parte das actividades que a asociación Proxecto Trasno desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado polas AGUSL coa Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia e incluídas no plan de acción FLOSS 2012 da Xunta de Galicia.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*