LibreOffice 3.6.1 versión para todos os públicos

Na seguinte nota de prensa que nos remite a Oficina de Software Libre do CIXUG faise un repaso polas principais melloras da suite ofimática que desenvolve The Document Foundation. Esta nova versión de 3 díxitos (3.6.1) é a versión recomendada polo equipo galego para o uso xeral.

O equipo de localización ao galego da suite LibreOffice, integrado por tradutores voluntarios e colaboradores de Proxecto Trasno, que conta agora co apoio da Oficina de Software Libre da CIXUG, quere aproveitar a ocasión para presentar a primeira versión apta para todos os públicos da nova serie 3.6 da suite.

A LibO 3.6.1 está dispoñíbel en versións de Linux, Mac e Windows e ofrécese en case 100 idiomas do mundo. No caso do galego, o equipo de voluntarios que se responsabilizaron da súa adaptación para que os usuarios galegos a poidan usar confortablemente preséntanos como sempre a interface completamente traducida e optimizada.

LibreOffice 3.6.1 está dispoñíbel para descarga en galego desde: http://gl.libreoffice.org/download/
As extensións da LibreOffice están en: http://extensions.libreoffice.org/.

A velocidade de saída de novas versións fainos perder de vista que efectivamente a cada número que se escala, a suite incorpora un bo feixe de mellorar que son froito da vibrante comunidade que participa e está comprometida con facer de LibreOffice a mellor suite ofimática libre a libre disposición de todos os usuario. Nesta nota faremoslle unha visita ás melloras máis salientables comezando por aquilo máis visíbel, interfacer. Nesta versión déuselle un puído á interface gráfica tanto para o entorno Linux como Mac e Windows:

  • Deseño
    • elimináronse os bordos 3D na regras e barras de estado, as barras xa non teñen bordos e si un suave fondo en degradado que fai máis agradábel a utilización.
    • As iconas estándar para OS/X son agora as do conxunto Tango
    • As regras son máis limpas e lixeiras
    • Redeseño do diálogo Sobre
    • O zoom vai agora con progresión xeométrica en vez de aritmética.
    • Os temas GTK son capaces agora de amosar gradientes de fondo, preiluminar lapelas das caixas de diálogo e aplicar liñas fixas e marcos
  • Perfeccionamentos en,
    • Importación de documentos OLE2: DOC, XLS e PPT
    • Importación simple de DOC e DOCX
    • Desprazamento, redeseño e edición interactiva dos documentos máis voluminosos
    • Velocidade na autocorrección
    • Velocidade na actualización de táboas dinámicas entre -35-50% de tempo e redución do consumo de memoria
    • Importación de valores das celas de documentos XLSX
    • Manipulación de células fusionadas e importación de intervalos de matrices de documentos ODS.
    • Espazo ocupados polas bases de datos grazas ao HSQLDB e a funcionalidade “CHECKPOINT DEFRAG” de LibO

De entre o conxunto de 85 melloras e novas funcionalidades que nos trae esta serie queremos salientar:

  • Ao manexar anexos,
    • Editar documentos que están en modo que só permite lectura, por exemplo anexos a un correo electrónico. Se o modificamos a través do botón Editar, LibO preguntará se queremos gardas as modificacións.
    • O título do documento soamente amosará a mensaxe “só permite lectura” cando a visualización ou a configuración do ficheiro estea neste modo.
  • Ao exportar como PDF,
    • Utilizarase o algoritmo Lanczos para redimensionamento de imaxes (substitúe ao de interpolación) que aumenta a calidade das imaxes.
    • Opción de engadir unha marca de auga.
  • A utilizar macros,
    • A gravación de macros pode activarse nunha opción separada no menú ‘Ferramentas-> Opcións-> Xeral-> Activar gravación de macro’. Isto permite a utilización desta función, de forma limitada, sen necesitar activar os recursos experimentais, por estaren aínda inestábeis.
    • Importar documentos de Corel Draw. Novo filtro.
  • En Writer,
    • Incorporación dun sistema de conta de palabras mellorado que permiter obter o números do documento completo ou da selección de texto automaticamente
    • O formato automático de táboas permite gardar máis propiedades: quebras, filas orfas, repetición de cabeceira, división en páxinas, fusión de estilos entre celas, sombra
    • Importantes melloras no asistente de etiquetas: novas opcións sobre o tamaño da caixa, recálculo da posición das etiquetas e axuste ao tamaño definido polo usuario. Máis control.
    • Foron ampliadas as opcións das etiquetas respecto do tamaño da caixa (páxina, papel). As etiquetas que non están centradas no formulario créanse agora correctamente.
  • En Calc,
    • Permítese cubrir varias celas con múltiplas seleccións, determinar un prefixo o nome de novos documentos, fusión de celas en menú contextual, exportación a formato XLSX, melloras importación de ficheiros CSV (separadores de campos, importación de notación científica, etc.), gardar fórmulas e non só valores ao exportar.
    • Avances no estándar definido polo ODF OpenFormula e mellora da inteoperabilidade con MS-Excel: DATAIF, IMTAN, IMSEC, IMCOSEC, IMCOT, IMSENH, IMCOSH, IMSECH e IMCOSECH
    • Permite incorporar etiquetas de campos nas celas: data, nome, título
    • Pegado rápido desde o menú contextual da cela: texto, valor ou fórmula
    • Barras de erros en X e gráficas progresivas, importación/exportación a .xls e .ods conforme ODF 1.2. Escalas de cores, configuración avanzada para cálculos que mellorarán con máis opcións no futuro.
    • Eliminación da limitación de ata 3 criterios de clasificación
  • En Impress
    • Novo formato “panorámico” (pantalla de 16:9) para diapositivas
    • Dez novos modelos de páxina principal
    • Math: Caixas de diálogo para formato e símbolo teñen botóns de axuda.
    • Basic: Panel para Catálogo de Obxectos ancorados

En tanto se prepara a seguinte versión maior, que será a 3.7, a comunidade LibreOffice continúa a traballar na corrente serie 3.6 do seu software, ao tempo que tamén produciu outra versión de mantemento da serie 3.5 anterior, co fin de asegurar a continuidade e estabilidade dos que a adoptan, que son máis a cada paso: a rexión da Umbría italiana, desde onde comezou a estanderse o estándar ODF acaba de anunciar a migración inminente a LibO de máis de 5000 equipos da súa Administración, a Cámara Municipal de Vieira do Miño migrou todo o seu parque ofimático hai uns meses.

O rexistro de cambios está dispoñíbel en http://download.documentfoundation…. (arranxos na 3.6.1.1) e http://download.documentfoundation…. (arranxos na 3.6.1.2).

A TDF tamén acaba de anunciar un novo proxecto de “HardHacks” en http://skyfromme.wordpress.com/2012… e informará do seu progreso de xeito regular.

Se queres axudar a traducir LibreOffice ao galego colabora no grupo de tradución.

Esta nota forma parte das actividades que o CIXUG desenvolve ao abeiro do Convenio de colaboración asinado coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2012 da Xunta de Galicia.

Leave a Reply

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*