A Eduard Punset gústalle o Cinestable

Os rapaces da asociación Inestable veñen de anunciar que a Eduard Punset lle gusta o Cinestable, o primeiro festival de curtas con Creative Commons que se fai en terras galegas (e a trasno tamén 😉 ). O polifacético catalán regaloulles a súa última obra de divulgación «A viaxe ao poder da mente» cunha dedicatoria, do seu puño e letra, para o festival .

Algún afortunado de entre o público que asista a gala do día 5 poderá levar a casa o exemplar asinado por Punset. Será alguén de entre todos aqueles que participen na votación do premio do público a mellor curta do festival quen poida saborear esta lectura que descobre nunha «viaxe intima» os misterios do funcionamento da mente humana cun exemplar asinado polo autor. Esta obra pecha a triloxía composta por «A viaxe á felicidade» e «A viaxe ao amor», ambas grandes exitos que veñen de abraiar a millóns de lectores. Para alguén que  é xurista, escritor, economista e político tal éxito demostra ademais que é un brillante divulgador científico. Sen dúbida, un bo regalo.

Aproveitamos para recordar que a AC Proxecto Trasno participa nesta iniciativa co premio á mellor curta en galego. Animámosvos a presentar as vosas cintas en CC e senón a vernos na gala deste próximo día 5 na vila de Ordes!.